A Marcha Mundial das Mulleres esixe no seu 25 aniversario "medidas para transformar a vida das traballadoras"
A organización celebra o seu 25 aniversario cun calendario de actividades que se inicia o 8 de marzo e que levará a unha mobilización nacional o vindeiro 5 de outubro. Traballo digno, sistema público de coidados, acceso universal a unha vivenda digna ou o reforzo dos Centros de Información ás Mulleres, entre as demandas.
A MICE celebra a súa vixésima edición cunha homenaxe ao filme 'O carro e o home'
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego terá lugar do 12 ao 16 de marzo en Compostela. A súa sesión inaugural e a imaxe gráfica están protagonizadas polo filme de Antonio Román e Xaquín Lorenzo Xocas rodado en 1940. Será un acto de homenaxe ás persoas que iniciaron a cinematografía galega.
Falece o home agredido nun partido de balonmán ao intentar frear os insultos ao seu neto árbitro
Andrés Rico, de 68 anos, morreu tras máis de dous meses no hospital a consecuencia das lesións sufridas en Sanxenxo tras mediar de xeito pacífico ante a actitude dun home cara ao colexiado de 15 anos. Hai só uns días, a nai dunha árbitra de 13 anos denunciou o "acoso" sufrido pola súa filla durante un partido de prebenxamíns.
Un encontro de investigación e investimento en Santiago reclama "soberanía tecnolóxica" para Europa ante EUA e China
Compostela acolleu este mércores e xoves a terceira edición do encontro Invertir en ciencia sí es rentable, no que participaron 400 investigadores e investidores e 80 relatores. O evento buscou poñer en valor dous dos polos de investigación e innovación de Galicia, con visitas para investidores á Cidade das TIC da Coruña e ao Ecosistema Biotech e Saúde de Santiago
Pontón e Besteiro animan a cidadanía a defender a lingua galega na rúa este domingo
Os líderes de BNG e PSdeG coinciden en chamar a manifestarse en prol do idioma na marcha convocada por Queremos Galego e na necesidade de transmitírllelo ás novas xeracións.
José Antonio Gómez deixa o liderado de UGT Galicia logo de 20 anos
O sindicalista ourensán non se presentará á reelección no congreso da organización da vindeira semana e cederá o seu posto na secretaría xeral, á que chegou en 2005.
O Goberno de España prevé xa a primeira poxa de eólica mariña en 2025
A ministra para a Transición Ecolóxica marca ese obxectivo para o Executivo central aos dous anos de aprobar as zonas de alto potencial eólico, cinco delas en Galicia. Sara Aagesen anuncia que o val de hidróxeno previsto na Coruña recibirá axudas por 170 millóns de euros, mentres que o das Pontes queda sen subvención pública estatal.
A Xunta deberá indemnizar a familia dunha muller que morreu de cancro no hospital por impedirlles visitala ao ter COVID
A doente, que padecía un tumor terminal, ingresou no Álvaro Cunqueiro de Vigo en xaneiro de 2022. Os seus familiares pediron vela nos seus "últimos momentos", pero durante días se lles prohibiu facelo en virtude duns protocolos de actuación que, en realidade, si permitían a visita a doentes "no final da súa vida". Cando finalmente puideron facelo, a muller xa non era consciente.
Xornalistas "perigosas" reivindican a investigación das violencias sexuais e a información internacional
Referentes do xornalismo de investigación como Ana Marcos e Elena Reina, veteranas da información internacional como Anna Bosch, pioneiras como María Escario ou referentes da información en Galicia como María Piñeiro, entre as participantes do encontro que volve ao Teatro Principal de Pontevedra os vindeiros 14 e 15 de marzo
'Only on Earth': a vaga de incendios de 2022 en Galicia chega á Berlinale
A cineasta danesa Robin Petré estrea no prestixioso festival berlinés un documental que relata a dura loita contra o lume no sur de Galicia e "reflexiona sobre o fráxil equilibrio do noso mundo natural e sobre as relacións entre humanos e animais".
O PP volverá á alcaldía de Viveiro 22 anos despois grazas a unha moción de censura
Os populares fanse coa alcaldía do terceiro concello máis poboado da provincia de Lugo tras un acordo co grupo independente Por Viveiro que inclúe investimentos por seis millóns de euros. O pacto supón a perda do bastón de mando para a socialista María Loureiro, rexedora desde 2013 e que mantiña un goberno bipartito co BNG.
As fotos de Francisco Pillado González, memoria visual da Coruña, pasan ao arquivo da Academia
Francisco Pillado González traballou como contable pero a súa gran paixón foi a fotografía. Este mércores a súa familia entregou á Real Academia Galega unha escolma de dúas mil imaxes. Hai lembranzas familiares, pero sobre todo escenas da vida cotiá da cidade e outras localidades e retratos, moitos deles de mariñeiros, lavandeiras ou labregos