'Eros' e 'Corre o vento' triunfan na 20ª MICE
Eros, o documental de de Rachel Daisy Ellis sobre os "moteis do amor" en Brasil, fíxose co Premio AGANTRO á excelencia antropolóxica na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. O Premio MICE ao Mellor filme galego foi para Corre o vento, unha peza de Paula Fuentes e Guillermo Cabrera que nos conduce até Vilar do Courel, unha pequena aldea que leva décadas resistíndose á desaparición.
As vilas non se renden: miles de persoas saen á rúa contra Altri
Grupos Vivos contra Altri por todo o país saíron hoxe ás rúas de máis dunha ducia de concellos para protestar contra o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei e a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva a este proxecto que a Xunta de Galicia emitiu no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres 14 de marzo.
Pontón reclama que Rueda explique no Parlamento por que fai “de comercial de Altri"
“Imos gañar a batalla de Altri fronte á traizón do PP coa mobilización de todas as persoas que lle queren a Galiza”. Así o afirmou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha comparecencia trala reunión de urxencia que o grupo parlamentar celebrou este sábado no Parlamento para abordar a situación creada despois da publicación do informe ambiental favorable ao proxecto de macrocelulosa.
'Carapucho', 'Carmeliña' e 'Maruxiña': as variedades recuperadas de oliveira galega que xa se poden comercializar
O CSIC presentou este mércores en Ribadavia as tres novas variedades autóctonas, froito do traballo realizado nos últimos anos polo grupo VIOR da Misión Biolóxica de Galicia, e que xa se poden plantar. Os aceites elaborados a partir delas poderán venderse incluíndo o nome da variedade nas etiquetas.
"A precariedade mata": educadoras piden máis medios tras o asasinato dunha compañeira en Estremadura
Profesionais da educación social mobilízanse en repulsa pola morte de Belén Cortés a mans de tres menores no centro tutelado onde estaban internados cando a traballadora se atopaba soa ao seu cargo. Denuncian que a falta de recursos e a externalización de servizos "impactan na calidade da atención e poñen en risco a integridade" de quen a realiza. Advirten, asemade, do "cúmulo de informacións erróneas" en torno ao caso que "estigmatizan nenas e nenos no sistema de protección"
'Acción contra el odio', Khadija Amin, 'Haaretz' e o Sindicato de Xornalistas Palestinos, finalistas do premio do CPXG
Ábrese agora o prazo para elixir a candidatura gañadora, para o que poderán votar todos os integrantes do Colexio de Xornalistas de Galicia. O galardón cambia de denominación, pasa a chamarse Premio Xornalistas, e xa non leva o nome de José Couso, atendendo a unha petición da súa familia, que criticou o feito de "carecer de voz e voto" na organización.
O cambio climático pon en risco o castiñeiro galego, que 'migra' a zonas máis altas e frescas
O castiñeiro europeo gosta de climas temperados, frescos e húmidos. É por isto que a actual suba das temperaturas medias está a afectar negativamente a esta especie. Un estudo no que participa persoal investigador da USC anticipa unha tendencia á redución da idoneidade do seu hábitat na Península, desprazándose a espazos máis elevados.
Alfonso Zarauza, Premio Pedigree dun Festival de Cans que tamén recoñece a Nerea Barros e Uxía Senlle
O certame celebrará a súa XXII edición entre o 20 e o 24 de maio e quere homenaxear os 30 anos de carreira do cineasta e produtor compostelán. Ademais, haberá premios de honra para a actriz Nerea Barros e a cantante Uxía, habituais do Festival de Cans, e para o veciño Adriano Campos, de 91 anos, fundamental no desenvolvemento desta aldea do Porriño e no propio festival.
Ponte nas Ondas celebra o seu 30 aniversario cunha maratón radiofónica con centros de ensino
O acto terá lugar o 26 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, nun programa de cinco horas conducido polas presentadoras do podcast O Faiado e no que participarán en directo seis centros de ensino, ademais doutros moitos que tamén intervirán na celebración
Os sindicatos reivindican no 10M a loita obreira contra a perda de dereitos e a "involución" da ultradereita
Varios actos volven lembrar as figuras de Amador Rey e Daniel Niebla no Día da Clase Obreira Galega en Ferrol.
O PP volve gobernar Viveiro tras o pacto cos independentes contra PSdeG e BNG
Mariña Gueimunde é a nova rexedora do terceiro municipio máis poboado da provincia de Lugo logo de 22 anos de gobernos socialistas, tras prosperar a moción de censura impulsada polos populares co apoio de Por Viveiro.
A fenda de xénero en Galicia supón case 5.000 euros menos ao ano para as mulleres traballadoras
As asalariadas galegas perciben un salario medio anual de 20.840 euros fronte aos 25.527 dos homes, unha fenda salarial do 22,5%, segundo un informe de CCOO ás portas do 8M.