Peche indefinido por Palestina na Universidade de Santiago
A Asemblea Aberta constituída na facultade de Xeografía e Historia da USC, que acolle o peche, reclama que a institución académica cancele "calquera colaboración con universidades, institucións, empresas e centros asociados públicos ou privados" de Israel
Máis dun ano sen Comisión de Contas: "O PP bloquea para ocultar as súas chapuzas", alerta o BNG
A comisión para as relacións co Consello de Contas non se reúne dende abril de 2023. Entre os informes pendentes de avaliar están os que tratan os contratos de emerxencia da COVID ou o que acredita que a Xunta paga de máis polas autoestradas con peaxes na sombra, subliña a deputada Noa Presas
Milleiros de persoas reclaman que a Xunta cumpra o Plan de Normalización para "reverter a situación de emerxencia lingüística"
Na manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela baixo o lema 'Un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva', Ana Pontón esixe a Alfonso Rueda "un cambio de rumbo" en relación coa lingua, que inclúa a derrogación do Decreto de Plurilingüismo
A Academia celebra a profundidade e o compromiso de Luísa Villalta e chama a "deseñar un novo horizonte para a lingua"
O acto central do Día das Letras, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, contou coas intervencións de Ana Romaní, Margarita Ledo, Euloxio R. Ruibal e Víctor Freixanes, presidente da RAG, que reivindicaron a condición de Luísa Villalta de "intelectual en toda a súa amplitude", unha autora “que se transforma e nos transforma” dende o “profundo e esixente edificio literario” que construíu, como subliñou Romaní
"No te lo piérdaste!": paredes que berran pola "dignificación do galego na comunicación" ás portas das Letras
"Se non prestamos atención ao idioma non só se degrada o galego", senón tamén "a comunicación e a credibilidade das marcas", destacan dende A Masa, unha nova axencia de comunicación dixital que dá os seus primeiros pasos con 'marketing de guerrilla' a prol dun uso correcto do idioma
Pontedeume prepara o seu 'Cortexo Cívico', "a maior festa cultural das Letras fóra do acto oficial"
Autores e autoras -e con eles e elas a veciñanza local- percorren as rúas da vila con dez paradas este 17 de maio noutros tantos espazos históricos para homenaxear unha decena de figuras das letras galegas que tiveron un vencello coa localidade. O evento conmemora este ano a estadía de Rosalía De Castro en 1864 en Breamo, onde se achegou coa súa familia "procurando os ares do mar para curar unha afección pulmonar"
Mocidade creadora de contido na rede chama a mobilizarse pola lingua este 17 de maio: "queremos vivir en galego con normalidade"
15 creadores e creadoras de contidos publicaron un vídeo conxunto animando a cidadanía galega a participar na manifestación convocada por Queremos Galego baixo o lema 'Un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva', que comezará ás 12 horas na Alameda de Compostela
Concellos e deputacións galegas achegan axuda humanitaria a Gaza a través da UNRWA
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade anunciou este xoves, aniversario da Nakba, a entrega duns 10.000 euros que proporcionarán alimentos básicos e auga potable a 289 persoas vulnerables durante un mes. Ademais, a Praza de Praterías acolleu unha concentración convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina.
Os Premios Martín Códax reivindican "a cultura de proximidade" na gran noite da música galega
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu unha gala, conducida por Xurxo Souto, que amosou o bo momento da escena do país. As Miudiño Sessións foron galardoadas como mellor proxecto de comunicación e Gloria Pavía como mellor artista emerxente. Nas categorías artístidas triunfaron Mondra, Terbutalina, Catuxa Salo, Caamaño&Ameixeiras, hydn, Lucía Aldao ou Guadi Galego
Detido por escravizar e estafar traballadores migrantes en explotacións agrícolas de Lugo
O home, xa encarcerado, captaba persoas en situación administrativa irregular ofrecéndolles salarios de 1.200 euros, aloxamento e comida. Non abonaba "salario ningún", sometíaos a xornadas de ata 12 horas e tampouco pagou os hoteis aos que os enviou
O PSdeG promove que o Parlamento apoie a oficialidade do galego na UE
"Quen di promover o uso da lingua e se opón a que sexa oficial no Congreso ou no Parlamento Europeo carece de credibilidade; iso foi o que fixo o PP de Rueda e Feijóo", reprocha Besteiro. González Casares admite o "complexo" camiño para a oficialidade do galego na UE, por iso ve "básico que dende o noso país se traslade ás institucións europeas o pulo e o interese de que o sexa"
Jorge Prado gaña o Gran Premio de Galicia de motocross e volve liderar o mundial
32.000 persoas asistiron en Lugo, no circuito municipal Jorge Prado, á exhibición do piloto local, de tan só 23 anos