- 🔊Podcast #DefendeAGalega Fálase
- Acontece
🔊Fálase | Se Gary Lineker saíse na TVG
Mentres o caso Lineker axitaba a BBC, na CRTVG desenvolvíase unha nova folga de persoal. No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre ambos conflitos, escoitamos as razóns do comité intercentros dos medios públicos galegos para mobilizarse conversando coa súa voceira, Raquel Lema, e repasamos os motivos do director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, para rexeitar todos os seus argumentos
Burela celebrou o primeiro 'Día da Literatura Cabo-Verdiana' a través da lectura pública de 'Chiquinho' por máis de 200 persoas
A localidade festexou deste xeito o 75 aniversario da novela que constituíu a primeira grande obra narrativa da literatura do país. O IES Perdouro acolleu un acto que tivo unha duración de oito horas e no que participou alumnado do centro, profesorado universitario e representantes públicos do país africano
As Neves celebra o primeiro ano de remunicipalización da recollida de envases: "un éxito económico e medioambiental"
O obxectivo era conseguir "unha maior eficiencia do servizo" e unha mellora económica para as veciñas e veciños "ao quedar o beneficio da empresa privada nas arcas municipais", apostando ademais "pola redución antes que a recollida". O Goberno local salienta que "aumentou a reciclaxe" e "recibíronse máis ingresos pola valorización dos plásticos"
O Arde Lucus xa é Festa de Interese Turístico Internacional: "Exporta a imaxe máis positiva de Lugo"
A alcaldesa lucense, Lara Méndez, celebra unha distinción que atribúe "á implicación do tecido asociativo que converteu esta celebración nunha cita única" para a recreación do pasado romano e castrexo da cidade
Máis de once mil pequenos non teñen pediatra asignado en Galicia
Os datos da Sociedade Española de Pediatría advirten de que o 18% das prazas de pediatría do Sergas están vacantes ou son cubertas por médicos de familia, segundo denuncia o sindicato O'Mega.
As persoas socias das bibliotecas municipais da Coruña poden acceder a un fondo online de dez mil películas e series
A plataforma pública de streaming ofrece a posibilidade de ver estes contidos de balde dende a casa cun límite de préstamos por persoa (dúas películas ou dous capítulos de series á semana), accesibles durante 48 ou 72 horas
A Semana do Cinema Galego: 9 filmes en seis días para celebrar a puxanza do audiovisual do país
O Teatro Colón da Coruña acolle entre o martes e o domingo a cuarta edición desta iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta co apoio de Concello e Deputación, con entrada libre en sesións que contarán coa presenza dos equipos artísticos e técnicos das películas. Destaca a proxección de O corpo aberto, gran triunfadora dos Mestre Mateo
80 artistas, no escenario do Coliseum da Coruña na montaxe de música e baile tradicional 'Endaterra’ de Xacarandaina
O espectáculo do vindeiro 7 de maio, apoiado pola Deputación da Coruña, a Xunta e as asociacións dos concellos polos que pasan o Camiño Norte e o de Fisterra, está dirixido por Quique Peón e inclúe corpo de baile, coro e instrumentistas. Será unha única función “nunha auténtica aposta de cidade” a favor do folk
'O corpo aberto', de Ángeles Huerta, gran triunfadora dos Mestre Mateo con 12 galardóns
A longametraxe levou boa parte dos premios principais, entre eles o de mellor película, mellor dirección e mellor guión (ambos para Huerta), ademais de dúas categorías de interpretación para Tamar Novas e Federico Pérez. Rapa fíxose con catro galardóns, María Casares. A muller que viviu mil vidas foi votado como mellor documental e Unicorn Wars, de Alberto Vázquez, como mellor longametraxe de animación.
No seu ingreso na RAG María López Sández chama a "salvagardar o noso territorio e a lingua que o nomea”
Nunha sesión celebrada en Lugo, a escritora e profesora leu un discurso centrado na importancia da paisaxe na historia do ensaísmo galego e no que destacou que “a literatura serve para sandar, simbolicamente, a ferida da perda da vivencia da natureza". A súa intervención foi respondida por Marilar Aleixandre nun acto que rendeu homenaxe a Salvador García-Bodaño e Darío Xohán Cabana
As denuncias por violencia machista seguen en máximos en Galicia tras pechar 2022 con máis de 7.000
O 82% das sentenzas ditadas en Galicia durante 2022 para casos de violencia de xénero foron condenatorias e o primeiro ano coa nova lei de protección da infancia en vigor duplica as suspensións de visitas a fillas e fillos para pais incursos nestes casos
O BNG presenta a campaña para as municipais cos seus gobernos como mostra de que é posible "unha nova Galiza"
"O mellor escaparate das políticas que representa o nacionalismo galego está na marca dos concellos BNG", defende Olalla Rodil, quen sinala que a liña gráfica da campaña prevé amosar que eses municipios son "referencia" en "calidade de vida" e "dinamización económica e social"