O Chanfainalab volve reunir en San Sadurniño 40 cineastas do país en tres días de creación e "experiencias compartidas"
A novena edición do encontro audiovisual terá lugar entre o venres 6 e o domingo 8, un tempo no que os e as realizadoras deberán idear e gravar unha curtametraxe na localidade. Haberá, ademais, obradoiros, proxeccións e outras actividades paralelas e en febreiro proxectaranse as curtas rematadas.
Galicia padeceu o terceiro agosto máis cálido dende que hai rexistros comparables
A temperatura en Galicia estivo 1,8 graos por riba da media e só choveu un 32% do normal aínda que as precipitacións "superaron valores normais" no norte da Coruña e na Mariña, avanza AEMET
Tamara Andrés e Oriana Méndez gañan o XXII Premio Plácido Castro pola tradución ao galego de 'As iluminacións', de Rimbaud
É a primeira vez que o premio recoñece unha tradución poética ao galego, tras premiar en anos previos outro tipo de creacións literarias
A viguesa Susana Rodríguez Gacio acada de novo o ouro paralímpico de triatlón
A atleta, co acompañamento de Sara Pérez, dominou con claridade a proba e revalida a medalla que xa conseguira hai tres anos en Toquio. É o segundo metal para a delegación galega.
O pontevedrés Juan Antonio Saavedra, bronce en tiro, suma a súa terceira medalla na historia dos Xogos Paralímpicos
Trátase da terceira medalla que consegue, despois dos metais acadados en Londres 2012 (prata) e Toquio 2020 (bronce). É o primeiro metal da delegación galega en París, que busca repetir o éxito de Toquio 2020, onde sumou dous ouros, unha prata e un bronce.
Unha ducia de novas para recuperares se desconectaches no verán
Seleccionamos algunhas das principais pezas que publicamos en Praza.gal durante xullo e agosto para que, se queres, poidas botarlles un ollo agora, sen présa
Bueu respira cine nunha nova edición do seu festival de curtas, que excluíu os traballos con financiamento de Israel
O Festival Internacional de Cinema de Bueu, que chega á súa 17ª edición, comeza o vindeiro venres 6 e desenvolverase ata o 21 de setembro. A programación, presentada este venres, inclúe a estrea absoluta no Estado español de 15 curtametraxes procedentes dunha ducia de países.
Pontón inicia o curso político pedindo explicacións a Rueda polo "nepotismo e desbalde" da Xunta
"O BNG continuará na senda de presentar con cada crítica unha proposta alternativa", di a líder nacionalista, que apunta iniciativas en áreas como a volta aos colexios, a sanidade ou a vivenda
Boimorto e Ames reivindican manter viva a memoria dos edís asasinados no verán de 1936
O BNG de Ames celebrou un acto no campo da festa de Ortoño para lembrar os once edís e veciños de Boimorto executados o 20 de agosto de 1936 neste lugar e mais no Amenal (O Pino). “O coñecemento do que pasou é a única maneira que temos de manter viva a memoria para que a mocidade non se deixe levar por discursos de odio baseados en mentira e branqueamento”, destacouse
A Xunta activa a prealerta por “escaseza moderada” de auga no sistema do río Lérez
A Oficina Técnica da Seca acordou adoptar esta medida ante o descenso do caudal circulante rexistrado na zona desde mediados de xullo, polo que se intensificará o seguimento da situación meteorolóxica e os niveis dos ríos, encoros e acuíferos. Os concellos afectados pola prealerta son Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, Marín, Meaño, Moraña, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
A solidariedade galega co pobo palestino protagonizará o Festival da Poesía no Condado
Este sábado 31 de agosto terá lugar a edición nº36 do Festival da Poesía no Condado, que se celebra en Salvaterra. A solidariedade galega coa causa palestina será o eixe central das actividades previstas que, como é habitual, combinan poesía con música e distintas expresións artísticas, culturais e deportivas. A investigadora e poeta palestina Shahd Wadi, xunto a escritoras como Arancha Nogueira, Inma Núñez Núñez, Diana Kurich ou artistas como Xabier Díaz, Loita Amada ou Banda Bassoti participarán no festival.
As emisións dos gases causantes do cambio climático en Galicia concéntranse no norte do país
A provincia da Coruña reúne o 51,7% das emisións brutas de gases causantes do cambio climático en Galicia. É a principal conclusión do informe As emisións provinciais de Gases de Efecto Invernadoiro en Galicia (1990-2022), que vén de presentar o Observatorio Galego da Acción Climática a partir do inventario oficial de emisións divulgado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica