Cans presenta programación: 40 filmes e 25 concertos con antimilitarismo, memoria e despoboamento como temas
O festival celebrarase do 20 ao 24 de maio, coa presenza de Daniel Sánchez Arévalo e a estrea de películas como Antes de Nós, de Ángeles Huerta. Na parte musical destacan as actuacións de Mondra, Susana Seivane, Biznaga ou Caamaño&Ameixeiras.
Aprobado o proxecto 'Abrir Ferrol ao Mar', que inclúe a derruba de parte da muralla do Arsenal
A intervención, cunha duración de 18 meses, comezará precisamente na contorna da instalación militar, onde parte da muralla do século XVIII será substituída por un valo. O mar non se poderá tocar, pero si ver a través deste novo peche. A obra, que incluirá rehabilitacións e carrís bici, abraguerá un espazo de 1,5 quilómetros, e nun futuro será continuada en Esteiro e Caranza.
As Tanxugueiras, no acto central dun Día das Letras que unirá tradición e futuro
Malpica acollerá a sesión extraordinaria da Academia, na que Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro porán a música nun evento que personificará nas Pandeireteiras de Mens a homenaxe ás cantareiras. O pleno incluirá as alocucións académicas de Ana Boullón, impulsora da candidatura; de Antón Santamarina, coautor do Cancioneiro Popular Galego; e do expresidente da RAG Xesús Alonso Montero.
Fuxan os Ventos regresan para dous concertos no 'seu' auditorio de Lugo
Os días 5 e 8 de xuño o histórico grupo ofrecerá senllos concertos no recinto cultural lucense que leva o seu nome coa compaña de Faia e De Ninghures: "É un soño, que remos compartir co público todo o que a música nos deu durante máis de cinco décadas"
Un .gal de balde se te fas de Praza no mes das Letras Galegas
A Asociación de Medios en Galego, Dinahosting e PuntoGal vólvense unir para celebrar o Día das Letras Galegas e o Día de Internet. Todas as persoas que se dean de alta como socias e socios de Praza do 17 ao 31 de maio recibirán o agasallo, valorado en 170 euros, mediante un código que poderán empregar ata o 30 de xuño
As matronas denuncian no seu día salarios "do século pasado", "agravios" e déficit de persoal
CIG-Saúde advirte dunha precariedade para o colectivo no Sergas que é "aínda peor" nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago. SATSE alerta da necesidade de máis profesionais na Atención Primaria.
Un reivindicativo descenso polo Ulla volve clamar contra Altri e a mina de Touro
Decenas de embarcacións participan nunha actividade na que os convocantes piden que se "descarten definitivamente" ambos proxectos e advirten da súa afectación aos ecosistemas e á calidade das augas.
'Bibopalula' estrea o seu espectáculo teatral cunha xira por Galicia no mes de xuño
A versión en teatro da serie musical de animación en galego para nenos e nenas inicia a súa xira na Coruña o vindeiro 7 de xuño.
Un modelo matemático galego predí a expansión da velutina
Investigadores das universidades de Vigo e Santiago crean unha ferramenta que permite analizar distintas estratexias de control da especie invasora
Milleiros de persoas secundan as reivindicacións sindicais do Primeiro de Maio
Vigo acolle as principais mobilizacións galegas do Día da Clase Traballadora. A CIG clama por "traballo digno, igualdade de salarios e unha Galiza con dereitos" nunha xornada de "denuncia e loita" "contra as "guerras imperialistas" e a "militarización da sociedade". A reivindicación de reducir a xornada laboral a 37 horas e media co "obxectivo final" das 32, no centro das mobilizacións de CCOO e UGT: "Non vivimos só para traballar"
Os sindicatos no Primeiro de Maio: polos dereitos laborais en plena convulsión internacional
A CIG esixe "traballo, dereitos e soberanía" nunha "Galiza contra as guerras". CCOO e UGT reclaman "protexer o conquistado" e "gañar futuro". Consulta aquí o mapa das mobilizacións convocadas este Día da Clase Traballadora en Galicia
O dono de Sargadelos increpa a Besteiro mentres esixe coñecer "que tipo de acordo" ten coa Xunta
O secretario xeral do PSdeG advirte de que "calquera apoio público" a Sargadelos debe ter "como condición indispensable o mantemento dos postos de traballo" e atender a que "a seguridade dos traballadores non é unha opción"