O peche de case 800 camas no verán axita o Sergas, que pon o foco na falta de persoal
O sindicato de enfermaría SATSE calcula que as camas pechadas serán unhas 784 e só unha área, a de Ourense, manterá todas abertas. As camas pechadas son algo máis do 10% das dispoñibles. Sanidade reitera, como en anos anteriores, que estarían dispoñibles se fosen precisas durante un período no que se concentran as vacacións, e subliña os seus plans para Primaria
Modesto e os oito mil microtopónimos de Dumbría: unha vida dedicada a recoller os nomes do territorio
Ao se xubilar en 2008, Modesto García Quintáns comezou a percorrer o seu concello de maneira sistemática para completar un mapa topográfico, con milleiros de nomes de leiras, regos, muíños, hórreos ou túmulos prehistóricos que vén de entregar ao proxecto Galicia Nomeada, de RAG e Xunta. Este mércores foi homenaxeado na súa localidade
O tráfico de Vigo e A Coruña elevou os niveis de contaminación por riba do novo límite legal
O Informe estatal de calidade do aire, elaborado por Ecoloxistas en Acción, conclúe que o pasado ano 740.000 persoas estiveron expostas en Galicia a uns niveis que exceden os novos límites aprobados para 2030 polo Parlamento Europeo. A entidade critica que a maioría das cidades galegas aínda non implantaran as obrigadas zonas de baixas emisións e que a aprobada na Coruña sexa "anecdótica".
Xa está aquí 'Carballo', "peza esencial" para a creación de ferramentas de IA xerativa en lingua galega
Trátase do primeiro modelo lingüístico de Intelixencia Artificial para o galego, un paso histórico no marco do Proxecto Nós desenvolvido polo CiTIUS e o ILG da USC. Para o seu adestramento empregou un corpus de 2.100 millóns de palabras con achegas de editoriais, institucións públicas e medios coma Praza.gal
Luz verde á instalación da Axencia de Intelixencia Artificial na Terraza da Coruña
A alcaldesa coruñesa, Inés Rey, e o ministro de Transformación Dixital, José Luis Escrivá, asinaron este martes un documento que implica a cesión "gratuíta e temporal" da Terraza ao Estado. "Hoxe formalizamos un paso máis para o desenvolvemento da AESIA, consolidando o posicionamento da Coruña como líder en materia TIC e innovación tecnolóxica”, destacou a rexedora
Dependentas de Inditex rematan o peche de 72 horas na sede da empresa e chaman a unha folga nas tendas
As delegadas nas tendas da compañía nas tendas da provincia da Coruña iniciaran o pasado venres unha acción de protesta na sede central da compañía para pedir a reapertura da negociación provincial e denuncian que a multinacional opta por realizar unha negociación a nivel estatal para diluír a capacidade de presión das traballadoras galegas, máis mobilizadas.
Xa son 49 os parques eólicos suspendidos cautelarmente polo TSXG en 64 concellos polos posibles efectos ambientais
O tribunal permitiu ata o momento a continuidade de tres proxectos ao desestimar neses casos as peticións de paralización formuladas por organizacións ecoloxistas
Pontevedra berra “celulosas fóra” de Galicia nunha marcha conxunta contra Ence e Altri
Baixo o lema “Nin ence na Ría, nin altri na Ulloa… celulosas fóra!, persoas da área de Pontevedra-convocadas pola APDR- e da Ulloa –convocadas pola Plataforma Ulloa Viva- uniron forzas este domingo para berrar “celulosas fóra de Galicia".
Denuncian un “maltrato normalizado” no sistema de coidado das persoas maiores en Galicia
“Rexeitamos toda condescendencia que concibe os coidados como beneficencia. As persoas maiores non son: “os nosos maiores que traballaron moito os pobres”. Son simplemente persoas que aspiran con dereito a ter unha vellez activa e digna”, segundo reza o manifesto contra os maltrato das persoas maiores, publicado este sábado, Día Mundial de Toma de Conciencia contra o Abuso e os Malos tratos na Vellez.
O xulgado arquiva o caso de Débora Fernández, 22 anos despois, sen culpables
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Tui acordou o sobresemento e arquivo provisional do caso no que se investigaba a morte da moza viguesa Déborah Fernández-Cervera, cuxo cadáver foi atopado o 10 de maio de 2002 nunha gabia da marxe dereita da estrada C-550, no Concello do Rosal.
Unha batea na Porta do Sol de Vigo: o TAC! Festival de Arquitectura reflexiona sobre a rexeneración dos centros urbanos
A terceira edición do TAC! Festival de Arquitectura Urbana, impulsado polo Ministerio de Vivenda, inclúe un amplo programa de actividades na cidade olívica ata o vindeiro 14 de xullo.
30 entidades buscan unha "axenda de actuación conxunta" no primeiro Encontro da Sociedade Civil Galega
O Museo do Pobo acolle este sábado a xuntanza dunha trintena de organizacións, que pecha un proceso aberto iniciado no mes de maio no que ao redor de 60 colectivos realizaron achegas co obxectivo de "pensar xuntas como tecer un futuro en común máis xusto e sostible para o noso territorio"