Troula irmandiña para asaltar o castelo de Vimianzo
A recreación histórica da revolta irmandiña vai estes días 5 e 6 de xullo da man da música nunha festa que este ano cumpre unha das súas ilusións co concerto de Manu Chao, cabeza dun cartel no que tamén figuran artistas e bandas como Mondra, Boikot ou os Festicultores
O lixo acumúlase na Coruña nun novo conflito do sindicato STL, investigado por crear unha "rede criminal"
Dende o día de San Xoán os residuos non recollidos aumentan nas rúas da Coruña como consecuencia das medidas de presión postas en marcha polo Sindicato de Trabajadores de la Limpieza (STL), unha organización cuxos dirixentes están a ser investigados por unha presunta trama de corrupción.
- Obituario
- Cultura
Morre Justo Beramendi, o historiador do galeguismo que 'escolleu' ser galego
Especializado no estudo do nacionalismo galego, finou aos 82 anos en Compostela de forma repentina. Mantivo unha intensa actividade en distintas institucións e entidades culturais, especialmente no Museo do Pobo Galego, do que foi fundador e presidente do seu Padroado.
O Eixo Atlántico desbota por "propagandístico" o manifesto da Xunta sobre o tren Vigo-Porto
Alfonso Rueda participou este martes en Valença do Minho na sinatura dunha declaración a favor do impulso das conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal. A entidade que agrupa as principais entidades locais galegas e do norte do país luso rexeitou participar nun "sarao propagandístico" sen "efectos prácticos"
O Corpus de Referencia do galego chega aos 45 millóns de palabras e agora recoñece a gheada e o seseo
O CORGA suma dous millóns e medio máis de vocábulos que a versión anterior, presentada a comezos de 2022. Con este corpus é posible, por exemplo, identificar a partir de que ano se empeza a utilizar unha determinada palabra ou cando deixa de empregarse de forma cotiá
Casares, Miranda e Mon xa son eurodeputados galegos da nova lexislatura
Os eurodeputados galegos electos nos comicios do 9 de xuño, Nicolás González Casares (PSdeG), Ana Miranda (BNG) e Francisco Millán Mon (PPdeG) recolleron esta mañá no Congreso dos Deputados de Madrid as súas respectivas actas para a nova lexislatura.
Unha investigación do CSIC certifica a influencia dos ventos do norte na produción de mexilla nas rías galegas
O estudo relaciona a frecuencia dos ventos desta compoñente, fundamentais para o proceso de afloramento de augas frías e ricas en nutrintes, coa cantidade de semente de mexillón recollida e que sufriu un descenso moi importante entre 2012 e 2021. No último ano a produción de mexillón descendeu de forma moi importante en Galicia, pero a gran cantidade de mexilla que se está a recoller achegou tranquilidade ao sector de cara aos vindeiros meses.
Isaac Díaz Pardo, protagonista da décima edición do Día das Artes Galegas
O 1 de abril do vindeiro ano 2025, Díaz Pardo será homenaxeado oficialmente pola Real Academia Galega de Belas Artes, que salienta que foi “unha figura fundamental e referente ineludible para poder comprender as artes contemporáneas do noso país”.
A primeira volta das lexislativas francesas deixa a extrema dereita ás portas do Goberno
O Rassemblement National logra por primeira vez a primeira posición nunhas lexislativas, coa unión das esquerdas como segunda opción. A desfeita do partido de Macron provocaría, segundo as proxeccións, unha complexa aritmética parlamentaria para artellar unha maioría alternativa á de Le Pen se non logran a absoluta. Tanto o actual presidente como as esquerdas chaman á concentración do voto na segunda volta para frear os ultras
Besteiro inicia un percorrido por centros de saúde do Sergas para "demostrar como Rueda os desmantela"
O secretario xeral do PSdeG inicia en Castro de Rei, cun centro de saúde "pechado todo o verán", un periplo no que prevé acreditar a "realidade" de "cantos médicos faltan, se están cubrindo as baixas ou as vacacións". Sanidade esgrime o seu plan para cubrir a Atención Primaria no verán e reitera que, en última instancia, a responsabilidade da falta de persoal é do Goberno de España
Aldeas vivas: un banco de casas, terras e negocios para unha nova vida na montaña lucense
O proxecto, impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais, procura "dar resposta á necesidade de vivendas, locais e terras de alugueiro para asentamento de novos poboadores". O sitio web nace con diversas ofertas inmobiliarias e laborais e pon no foco tanto a poboación de orixe galega como "na integración da poboación migrante"
- 🏳️🌈
- Movementos sociais
Orgullo LGBTI alegre e combativo nas rúas galegas
A educación para "combater o odio" ou a necesidade de non mercantilizar o Orgullo para mantelo como unha xornada de reivindicación a prol dos dereitos, no centro das mobilizacións. Múltiples concellos estenderon nas súas varandas a bandeira LGBTI+ en múltiples formatos e tamén a Xunta se sumou á xornada