Por mar e terra no Día da Auga fronte a Altri e a mina de Touro
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa mobilízase na Pobra do Caramiñal este 22 de marzo para sinalar o "abandono do marisqueo" por parte da Xunta, que contrastan co "impulso descarado" a proxectos "incompatibles" con esta actividade polo seu impacto no río Ulla. Adega liga co proxecto de Altri que unha parte da contorna da serra do Careón estivese na versión inicial do mapa da Infraestrutura Verde de Galicia pero non na finalmente aprobada e interpón un recurso contencioso-administrativo contra a decisión
'Adiquerando' en Vigo: as mozas xitanas falan do que lles importa
Durante catro venres de novembro, mulleres participantes no programa Calí da Fundación Secretariado Gitano Vigo e o alumnado do ciclo superior de Integración Social do Colexio San José de la Guía uníronse nunha serie de xuntanzas nas que adiqueraron (falaron) de diversos temas: historia, adolescencias, feminismo e moito mais
Miguel Fernández será o novo alcalde de Lugo
Decidiuno o grupo municipal do PSdeG este mércores pola tarde. Lugo terá así o seu terceiro rexedor neste mandato, despois de Lara Méndez e Paula Alvarellos, finada este sábado. Deberá ser elixido por un pleno municipal extraordinario que se celebrará o martes 11 como moi tarde e no que o candidato socialista conta cos votos do seu partido e cos do BNG.
O Son do Camiño consolídase como o evento "máis destacado" para os xestores da cultura galega
O festival O Son do Camiño, o escritor Manuel Rivas e o seu Premio Nacional das Letras, a Culturgal, Fillas de Cassandra e o Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta son os fitos culturais "máis destacados" de 2024 para as persoas responsables das entidades culturais do país
'Non calarás!': a memoria das loitas protagonizadas polas mulleres en Galicia
Non calarás! é un proxecto de divulgación da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que busca "facer memoria das loitas esquecidas protagonizadas por mulleres". Consta de varias iniciativas, entre as que destaca unha exposición pública e un roteiro que percorrerá as rúas da Coruña o 8 de marzo
A Xunta sancionará e denunciará de oficio as agresións a persoal sanitario
Rueda anuncia a modificación da Lei de Saúde e prevé que as xerencias teñan que comunicar de oficio á Fiscalía os incidentes, haxa ou non denuncia. Tamén se aumentarán os botóns de alarma, impulsarase un servizo de axuda psicolóxica e legal e a formación e crearase un grupo de traballo para cambiar protocolos.
Paula Alvarellos, a avogada que nun só ano deixou pegada como alcaldesa de Lugo
A rexedora, de 61 anos, morreu nas primeiras horas deste sábado por mor do infarto que sufriu este venres cando asistía na Praza Maior ao Pregón do Entroido. Substituíu a Lara Méndez en xaneiro do pasado ano. Antes do seu paso pola política, tivo unha longa traxectoria como avogada na cidade, un traballo que a fixo merecedora de cariño e respecto en numerosos sectores da sociedade lucense
Máscaras e mudados: a Illa de Ons recupera 50 anos despois o seu Entroido tradicional
A festa celebrouse por última vez no ano 1975. Porén as recentes investigacións de José Manuel Dopazo sacaron do esquecemento os festexos tradicionais e contribuíron á súa recuperación, grazas ao impulso do Concello de Bueu e da Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons
A pegada das nais de Érguete, unha exposición para 40 anos de loita contra o narco
"Na súa loita contra a droga -explican as comisarias- as nais ampliaron os límites dos marcos da protesta, puxeron o corpo para encarnar, interpretar e sinalar o que ata daquela estaba oculto", destacan as comisarias da mostra, que abre no MARCO ata xuño combinando fotografías, pancartas e documentos da asociación coa creación de once artistas contemporáneas
O Consello da Cultura propón un modelo educativo piloto co galego como lingua vehicular
O foro sobre o idioma impulsado pola entidade aposta por unha liña de ensino voluntaria e de carácter experimental para compensar a menor presenza do galego nas aulas.
Os Premios Martín Códax da Música chegan á ducia co público como clave nas votacións
Os galardóns entréganse o 28 de maio en Pontevedra. As quince categorías contarán con cadansúas tres finalistas. O 50% da decisión corresponde ás socias e socios de Músicas ao Vivo e o outro 50%, ao público
‘O dragón de ouro’ e ‘Iribarne’ encabezan as finalistas aos María Casares
As obras de Sarabela Teatro e ButacaZero acadan 14 e 12 candidaturas, respectivamente e optan ao galardón ao mellor espectáculo xunto con Go home, de Etiqueta Negra. Os actos e as profecías, do Centro Dramático Galego, e As gardiás ou o nó do Tecelán, de Teatro de Ningures, rexistran catro finalistas. Os premios entregaranse o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña