- 📺Vídeos
- Cultura
'Axudádeme a cantar': historias dunha literatura oral sostida por mulleres que ficaron invisibilizadas
O Consello da Cultura Galega presenta un proxecto audiovisual composto por seis vídeos que buscan dar valor ao canto acompañado con percusión de man, unha tradición que pasou de xeración en xeración grazas a mulleres "que non aprenderon en ningunha escola e que son as grandes esquecidas da cultura tradicional oral"
🔊Fálase | Un resumo do eólico e unha deliciosa viaxe
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, resumimos e poñemos contexto ás autorizacións ambientais de parques eólicos da Xunta e do Estado das que tanto se leva falado nas últimas semanas e, con VINTE, achegámonos a unha serie de roteiros de turismo próximo pola provincia da Coruña, con moito para descubrir e saborear
Ortiga e Grande Amore poñen música aos medios en galego
A Asociación de Medios en Galego conmemora dende 2018 cada 7 de febreiro o Día dos Medios en Galego cadrando co aniversario do nacemento en 1876 d'O Tio Marcos d'A Portela. Desta volta a celebración inclúe un concerto gratuíto, o día 9, de dous dos artistas con máis proxección na actual escena musical do país
O BNG acusa a Xunta de "perdoar" compensacións millonarias a promotoras de parques eólicos e esixe unha investigación
Tras as críticas do PP por fotografárense na escalinata do Parlamento, Ana Pontón e outros membros do grupo parlamentario do Bloque levan a súa crítica a xestión eólica do Goberno galego ás portas da Presidencia da Xunta
Os produtores en ecolóxico alertan de que a decisión da Xunta de non rectificar a perda de axudas "é un golpe para todo o rural"
A Plataforma de Produtores de ecolóxico de Galicia esixe ao Goberno galego unha solución para as 300 explotacións que ficaron excluídas por mor dun erro do Executivo. Cualifica de "incomprensible" a actitude da Xunta e apela ás alcaldías do rural, nomeadamente do PP, "para que se poñan a carón dos produtores e veciños"
O 78% das vivendas ocupadas son propiedade de bancos e o resto, sobre todo, inmobles baleiros herdados
Segundo as estimacións da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, o pasado ano houbo 660 usurpacións en Galicia, a inmensa maioría inmobles baleiros en mans de entidades financeiras.
- Vídeos
- Cultura
Youtubeiras 2022 recoñece a canle de Toxío e a Neeumatiko como mellores do ano
O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este sábado a gala de entrega de galardóns, na que o Premio do Público quedou en mans do vídeo Bembibre coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez
María Antonia Dans protagoniza o 'Día da Ilustración', que lembra o nacemento de Castelao
Bibliotecas de todas Galicia organizan actividades este luns en homenaxe á ilustradora nacida en Oza en 1922, nunha nova edición do evento organizado pola Consellaría de Cultura e a AGPI. Nas súas obras, Dans estendeu ao papel impreso o seu característico emprego de cores intensas e o seu estilo neoexpresionista.
Abanca gañou 217 millóns en 2022, un 40% máis, e recorrerá o imposto aos beneficios extraordinarios do Goberno de España
O seu presidente, Juan Carlos Escotet, que hai dez anos se fixo cos restos das caixas galegas por 1.000 millóns tras rescatalas o Estado con 9.000 millóns xa dados por perdidos, considera que o imposto é “claramente inconstitucional”
A Coruña conmemora o centenario do pasamento de Murguía, "figura central da cultura galega contemporánea"
O intelectual finou na cidade herculina en 1923. Este 1 de febreiro celebrarase un acto institucional no pazo municipal de María Pita na súa honra tras descubrir unha placa conmemorativa no cemiterio de Santo Amaro. Así mesmo A Coruña, Santiago e Padrón acollerán ao longo do mes actos que revisitarán a súa figura
Galicia remata o ano con 13 mil postos de traballo máis pero amosa signos de estancamento na mellora do emprego
Os datos positivos no conxunto do ano quedan matizados por un cuarto trimestre no que o número de persoas ocupadas diminuíu en nove mil, especialmente no sector industrial. A poboación en situación de desemprego quedou en 131.400 persoas, 3.700 menos que no remate de 2021. No 2022 descendeu notablemente a temporalidade, grazas á reforma laboral.
Fálase | Unha derruba na Mariña e un 'milagre' en Fitur
Neste episodio do podcast informativo de Praza sabemos máis dos problemas de mobilidade na Mariña, que volveron quedar ao descuberto coa caída dun tramo de estrada entre Foz e Burela, e das eternas promesas para mellorala. Tamén nos achegamos á Feira Internacional de Turismo, onde falamos con Xosé Regueira, responsable desta área na Deputación da Coruña, e escoitamos a Rebeca Baceiredo reflexionar ao fío do autotune na cultura galega