- Datos
- Política
A Xunta aproba unha oferta de emprego público con 1.124 prazas, o 62% de acceso libre
O maior número de prazas libres serán para orientación laboral, 130, seguidas de 70 prazas para persoal de limpeza e cociña
Espazos de ocio e mobilidade sostible para procurar que a mocidade fique na provincia de Lugo
"As alternativas de ocio contribúen de forma xeral a crear entre a propia mocidade unha imaxe positiva do lugar onde viven", asegura a deputada responsable da área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, que debulla algunhas iniciativas clave do mandato
🔊Fálase | Cautelarísimas antes do Nadal
No novo episodio do Fálase poñemos contexto ao veto do Tribunal Constitucional fronte á reforma para renovalo; con Carlos Amoedo sabemos máis da importancia política e xurídica do veto e da súa posible evolución. Ademais, achegámonos ao Nadal de Vigo e ás súas múltiples facianas
Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas: 22 propostas para un 2022 no que a lingua galega medrou na rede
Os galardóns entregaranse o sábado 28 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo. Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, agás no Premio do Público, que se elixe por votación popular a través da rede
O Ortegal, proposto pola UNESCO para ser o segundo xeoparque galego
O proxecto impulsado polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño e a Deputación da Coruña recibe o informe favorable do organismo dependente da ONU e a súa designación oficial debe ser ratificada o vindeiro mes de maio. Na actualidade hai no planeta 177 parques xeolóxicos de gran valor natural, un deles en Galicia: O Courel.
O BNG reclama intervención pública na enerxía e limitar o custo de alugueiros e hipotecas para loitar contra a crise de prezos
Unha manifestación convocada pola formación nacionalista demanda en Compostela unha "saída xusta e galega" á actual situación de encarecemento da vida, que Pontón cualifica de "estafa á maioría social". O Bloque esixe tamén mellorar a "rede de protección social" e "blindar" a sanidade e todos os servizos públicos
De Cabo Verde a Burela: unha corrente migratoria na que o traballo de coidados sempre depende das mulleres
A vila lucense acolle este domingo, Día Internacional da poboación migrante, a estrea do documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver), elaborado por Agareso, e que retrata a través de catro xeracións a importancia que ten o traballo invisible das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias
- Obituario
- Cultura
Morre Nélida Piñón, a 'brasilega' de Cotobade que sempre gardou Galicia "no nicho da memoria"
A escritora finou este sábado en Lisboa aos 85 anos de idade. Membro de honra da RAG e primeira muller doutora honoris causa da USC, reflectiu en obras coma 'A República dos soños' a epopea da emigración galega a América e reivindicou en todo momento a súa identidade mixta, construída nunha e noutra beira do Atlántico
O PSdeG sitúa as municipais como "o primeiro paso" para gañar as eleccións xerais e gobernar a Xunta
O PSdeG celebrou este sábado o seu Comité Nacional Galego, o principal órgano entre congresos da formación. O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, chamou a "dalo todo" nos comicios locais e fixo tamén fincapé na importancia das eleccións ao Parlamento galego: “aspiramos ao máximo nas autonómicas para representar ao pobo ao que lle debemos todo”.
A PDRA denuncia a chegada de chapapote á Pobra do Caramiñal e insta a Xunta e Estado a mellorar a loita contra fugas e 'sentinazos'
O fuel procede previsiblemente da fuga de 150 toneladas de hidrocarburos que o pasado domingo se produciu no barco de bandeira chipriota Vermeer. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sinala que "20 anos despois do Prestige non parece razonable que as administracións non poidan atender un aviso por vertidos dun buque e retiralo do mar"
O BNG insta o Estado e á Xunta a trataren os restos de chapapote do Prestige que queden nas Somozas
O deputado Néstor Rego advirte no Congreso de que, segundo cálculos de Adega, quedan sen tratar unhas 10.000 toneladas de refugallos do chapapote mesturado con outros materiais. Na mesma xornada, Ana Pontón chama a manifestarse este domingo co Bloque fronte á crise de prezos e defende como "de sentido común" abordar "o descontrol de prezos" con medidas temporais como "IVE cero para os produtos básicos da cesta da compra"
O 'Manifesto da outra xente' reclama "abrir paso a un decrecemento" en defensa da natureza e dos animais
Manuel Rivas impulsa xunto co ornitólogo Antonio Sandoval un texto que se presenta con máis de 60 apoios de intelectuais e profesionais e que pide "poñer fin á guerra contra a natureza", lembrando que "sen a biodiversidade non haberá lugar para o ser humano".