Pontón advirte que o 18F non é "nin reválida de Sánchez, nin premio de consolación de Feijóo": "Vai de Galiza"
A candidata do Bloque á presidencia da Xunta apela á mobilización masiva e á concentración das "ganas de cambio" na formación nacionalista como claves para a mudanza política.
Sumar apela á mobilización para un "cambio histórico". "A historia non está escrita"
Marta Lois, Yolanda Díaz e Ramón Sarmiento reúnense en Vilagarcía con traballadores do sector do mar e comprométense a impulsar cambios para mellorar as súas condicións de traballo. Nun acto en Cambre sobre mobilidade, Díaz pide á xente progresista que se "mobilice".
Imaxes de satélite e intelixencia artificial: viticultura 'de precisión' para mellorar a xestión do Albariño ante o cambio climático
A enxeñeira agrónoma Marta Rodríguez Fernández defedeu a súa tese de doutoramento, desenvolvida na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC. A metodoloxía proposta permite, grazas á recollida dun amplo conxunto de datos, obter resultados fiables e replicables noutras contornas vitícolas, o que favorecerá a progresiva dixitalización do viñedo galego
- 🔊 📺 Podcast Cara ás Galegas Carretando en Praza
- Política
Carretando | Rueda: O perfil técnico que chegou a ser presidente
Con este episodio principia a colaboración entre Praza e Carretando na cobertura e seguimento das eleccións galegas do 18F
O PSOE desprégase en Galicia noutro "impulso" a Besteiro cara ao 18F
Os socialistas abren este venres a súa Conferencia Política na Coruña, que pechará o presidente do Goberno de España xunto ao candidato á Xunta e ao que acoden todos os ministros socialistas e Rodríguez Zapatero.
Besteiro quere fomentar o consumo de peixe nos comedores escolares e que proceda de artes sostibles
O candidato socialista amosa en Malpica o seu apoio ao sector do mar para que avance na súa modernización
Pontón anuncia un imposto a grandes propietarios de vivendas como a banca ou fondos de investimento
A candidata do BNG quere mobilizar vivendas baleiras para alugueiro e que toda a nova vivenda pública que se constrúa se dedique a esa finalidade
O Eixo Atlántico acorda colaborar con institucións cubanas a través da 'Oficina do Historiador' da Habana
O presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, e o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, reuníronse con autoridades cubanas e institucións europeas para impulsar proxectos conxuntos de cooperación ao desenvolvemento. Proponse un intercambio no ámbito da contribución da recuperación da Habana Vella, e no desenvolvemento de sustentabilidade, mobilidade, descarbonización, economía e cohesión social
Pontón e Besteiro poñen o foco nos servizos sociais cara ao 18F: máis axuda no fogar e "desbloqueo" na dependencia
O BNG compromete un incremento do 66% na achega da Xunta para o Servizo de Axuda no Fogar: de 12 a 20 euros por hora. O PSdeG lamenta o "triste mérito" do PP de "non inaugurar unha soa residencia pública" en 14 anos e comprométese a inverter o seu modelo de "privatización progresiva da atención á dependencia"
- Vídeos
- Ciencia e tecnoloxía
Pingando, Exército Mekemeke e Recuncho Gamer optan a ser 'Youtubeira' do ano
Youtubeiras deu a coñecer os e as finalistas na edición 2023 dos seus premios, que se entregarán nunha gala o 17 de febreiro no Teatro Principal de Compostela. As 18 propostas finalistas foron escollidas polo xurado de entre as 68 que se inscribiron. Os candidatos e candidatas ao premio canle son OU ké!, Cinema Caníbal e Toxío.
2023 foi o ano máis cálido en Galicia en seis décadas
Só tres meses rexistraron unha temperatura "normal" mentres que o resto foron moi cálidos ou no caso de outubro "extremadamente cálido"
Besteiro promete "reanimar" a Atención Primaria do Sergas: "Acórdaste cando tiñas cita no médico rápido?"
O candidato socialista asegura que, se chega á Xunta, a súa "primeira medida" sanitaria sería un "plan de choque" co foco na Primaria: "os doentes non poden esperar entre 15 e 25 días por cita no médico de cabeceira". Compromete a SOS Sanidade a súa asistencia á manifestación do vindeiro día 4, propón medidas como "rebaixar as listas de espera poñendo en funcionamento os hospitais polas tardes ata que a situación se normalice"