A oficialidade do galego na UE xa ten prezo: 44 millóns anuais que España se compromete a pagar
Trátase dunha estimación preliminar realizado pola Comisión Europea a partir dunha petición do Goberno español e calculada a partir da inclusión do gaélico como lingua oficial e de traballo dende a petición realizada por Irlanda en 2007. Máis aló do custo económico, varios países seguen a expresar receos e dúbidas polo incremento de 24 a 27 do número de idiomas.
Besteiro aplaude o nomeamento de Calviño como presidenta do BEI: “un orgullo para o socialismo galego"
A elección de galega Nadia Calviño como presidenta do Banco Europeo de investimentos é "un merecido recoñecemento á mellor ministra de Economía que tivo España”, asegura Besteiro
Ouvirmos celebra o seu 20 aniversario, dúas décadas "axudando a mover os marcos da cultura galega"
A empresa celebra dúas décadas de traxectoria reivindicando o seu papel na mudanza experimentada pola cultura galega neste tempo. Comezou sendo unha discográfica, detectou a crise dos formatos físicos e resituouse para xestionar grandes eventos e infraestructuras culturais.
Israel acusa o secretario xeral da ONU de ser "un perigo para a paz mundial" por pedir un alto o fogo
António Guterres di que a guerra en Gaza afecta á seguridade internacional e o ministro israelí de Exteriores contéstalle que a súa actuación supón "un respaldo ao asasinato de anciáns, o secuestro de bebés e a violación de mulleres"
Besteiro reclama unha reforma do Estatuto "para avanzar no autogoberno"
O socialista salienta nos actos do Día da Constitución en Lugo que a reforma é necesaria "para construír unha Galicia mellor nunha España de futuro"
A crise no marisqueo provoca caídas de ata o 76% e o sector volve recriminar o "simplismo" da Xunta
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), a Plataforma en Defensa do Mar Muros-Noia e outros colectivos do sector do mar advirten da "responsabilidade" da Administración nun "devalo progresivo" e xa anunciado "hai unha década".
Ricardo Cao, elixido novo reitor da UDC co 65% dos votos
O catedrático logrou unha ampla maioría nunhas eleccións cunha participación que roldou o 25%. Aposta por "facer a mellor universidade posible, por e para as persoas".
Un videoxogo creado por alumnado do campus de Ferrol acada catro candidaturas aos Premios iokool PlayStation Talents
O estudio Gamepond, formado por estudantes que acaban de rematar a súa formación na UDC, leva meses recollendo recoñecementos e galardóns, por Avy, a historia dunha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes
CIG, STEG e CSIF instan a Educación a negociar outro acordo para o profesorado e advirten de novas mobilizacións
Os tres sindicatos contrarios ao pacto que asinaron CCOO, UGT e ANPE coa Xunta reclaman unha reunión co conselleiro para acordar "melloras reais" para o profesorado tras as importantes protestas dos docentes nas últimas semanas.
Leilía despídese no Culturgal co orgullo do obxectivo cumprido: "Recuperar a tradición das aldeas"
A histórica banda ofrece un dos seus últimos concertos na Feira das Culturas Galegas, que acolleu a estrea do podcast ‘13 avisos: historias para contar á noite’, de Paula Carballeira, e onde Bernardo Atxaga reivindicou o valor da tradución.
Sumar Galicia asume as demandas dos bombeiros comarcais no seu primeiro acto de precampaña
A formación celebra o seu primeiro acto de escoita, en Ourense, onde promete incorporar ao seu programa as demandas do persoal dos parques comarcais.
Pontón denuncia as "trampas" de Rueda por "usar a Xunta e a TVG para facer campaña"
A portavoz nacional do BNG acusa o líder do PPdeG de "utilizar de maneira espuria o seu cargo, o Goberno galego e os medios públicos para a súa promoción como candidato". "É un escándalo democrático", asegura durante a súa visita ao Culturgal.