O Eixo Atlántico propón unha folla de ruta de políticas sociais para reducir o 25% de persoas excluídas na Eurorrexión
Este martes presentouse en Ourense o informe Mapa de Cohesión Social do Eixo Atlántico, o primeiro elaborado para un sistema urbano transfronterizo. O documento alerta de que "na nosa sociedade, o futuro de cada persoa está fortemente determinado polo fogar no que nace" e subliña que "o principal reto para a redución da desigualdade" é "máis político que técnico".
Sánchez nega o referendo pero apela á "xenerosidade" para un acordo para toda a lexislatura
O rei designa candidato á investidura ao socialista, que se citará con todos os grupos agás con Vox, nunha rolda que iniciará con Yolanda Díaz este mércores.
A Xunta ábrese á implantación dunha taxa turística en Santiago que o PP sempre rexeitara
Na xuntanza que mantivo coa alcaldesa Goretti Sanmartín, Alfonso Rueda comprometeuse a autorizar a aplicación da medida en Compostela, aínda que cunha serie de condicións, como que o imposto sexa recadado polo Concello e que se acade un "consenso" co sector. A Xunta opúxose nos últimos anos á implantación desta ferramenta, que o propio Rueda cualificou como "contraproducente"
"Crueldade extrema" e "fonda animadversión á homosexualidade": a Fiscalía pide de 22 a 27 anos polo asasinato de Samuel Luiz
O escrito di que os catro homes e a muller acusados actuaron en grupo xunto cos dous menores xa condenados e que "eran conscientes de que coa duración e persistencia dos golpes podían ocasionar a morte"
Pontón augura que o último debate da lexislatura marcará o "final de ciclo" do PP e sitúa o BNG como o "futuro"
Ana Pontón asegura que o de Rueda é "un goberno coas pilas esgotadas" e salienta que o BNG "representa o futuro e a esperanza". A portavoz nacional do BNG presentará "medidas urxentes" como un bono escolar ou a restitución da Tarxeta Básica no debate de política xeral no Parlamento
Educación propón reducir a 20 o número de alumnos só en Primaria e Infantil e a dez anos vista
Os sindicatos consideran "insuficiente" e "inaceptable" a proposta da Xunta, que non contempla rebaixa do número de escolares en Secundaria nin en FP.
O Consello Asesor do Museo de Pontevedra dimite ao completo tras a remuda do director por motivacións "de orde partidista"
A pasada semana a Deputación, agora presidida polo popular Luís López, anunciou o nomeamento de Ángeles Tilve Jar en substitución de José Manuel Rey, que chegara en 2019 tras un concurso aberto. Os sete integrantes do Consello Asesor abandonan o posto en "disconformidade" con decisións "unilaterais" que "non responden a ningún parámetro de orde técnica"
A Xunta dá á mina de San Finx ata outubro para comprobar se executou unha depuradora ou lle revoga a autorización
O Goberno galego admite que detectou "valores superiores aos permitidos" nas augas da contorna e abriu un expediente sancionador á empresa, pero dálle máis marxe antes de comprobar se está a cumprir "co seu deber de execución da depuradora"
O CGAC celebra 30 anos de "aposta polo risco" con actividades nas que o edificio de Siza gaña protagonismo
O 29 de setembro de 1993 foi inaugurado o Centro Galego de Arte Contemporánea. Esta semana, polo tanto, celébrase o 30 aniversario da entidade, que conmemora a efeméride cunha serie de actividades que acompañan unha programación de exposicións e instalacións que nos últimos meses están a facer repaso da traxectoria do museo.
O OUFF eleva a sección competitiva galega para igualala á internacional na edición 2023 do festival
Do 29 de setembro ao 8 de outubro o Ourense Film Festival ofrecerá máis dun cento de proxeccións e actividades. Entre as súas novidades está a posta en marcha da sección competitiva galega (Panorama Galicia), que inclúe sete documentais e tres filmes de ficción.
O TSXG tomba por primeira vez a utilidade pública de terreos expropiados para un parque eólico
O ditame, que afecta á repotenciación dunha instalación en Corme, chega despois de que o Superior e maxistrados se defendesen en público das presións e críticas chegadas desde a Xunta e compañías do sector polas sentenzas contrarias aos seus intereses nos últimos anos.
O director de Minas da Xunta de Feijóo insiste ante a xustiza en avalar informes de San Finx que a acusación cre "falsos"
A plataforma contra as verteduras define como "insulta á intelixencia" a declaración de Ángel Bernardo Tahoces, investigado por presunta falsidade documental, tras dicir que as presas da instalación mineira eran para un pequeno muíño de millo.