Salvemos Cabana agradece "a maioritaria e contundente oposición sindical" ao proxecto mineiro de Corcoesto
CC.OO., CIG, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores posicionáronse en defensa do postos de traballo asociados ao sector primario e turístico nas comarcas próximas á mina e que se verían ameazados.
Novagalicia pechou 2012 con case 8.000 millóns de perdas
A entidade destaca que achegou 8.224 millóns a provisións e saneamentos.
Buscando emprendedores na economía social
O programa Startup Pirates, dirixido a formar potenciais emprendedores na área da economía social, celebrará unhas xornadas en Vigo a partir do 25 de maio. Con sede no Porto, trátase da primeira actividade que realiza en Galicia.
SOS Courel defende a proposta de declaración de parque natural
A asociación acusa a alcaldesa de Folgoso, a popular Dolores Castro, de non contar coa opininión dos veciños e ve intereses mineiros da negativa do PP a aprobar a declaración no Parlamento.
Menos cidadanía nas listas de espera, pero agardando máis
Povisa segue a ser a gran rémora do sistema sanitario galego, no que os doentes agardan unha media de 83,4 días por unha operación cirúrxica
Paz-Andrade vendeu en febreiro accións de Pescanova por máis de 2,5 millóns
Vendeu parte dos seus títulos a un prezo tres veces menor ao que tiñan no momento no que se suspendeu a cotización e modificou a man a data de notificación, segundo a CNMV.
Queremos Galego chama a manifestarse para "non ser estranxeiros na propia patria"
A plataforma convoca a cidadanía á marcha que se celebrará o vindeiro 17 de maio e na que se reivindicará "a bandeira levantada por Rosalía" a prol da lingua.
Manifestación a prol da mina de Corcoesto polo 1º de Maio en Madrid
O colectivo Corcoesto Sí, Mina Sí mobilízase xunto a USO en apoio do proxecto mineiro e para rexeitar "o incumprimento de prazos da Xunta" e o "rexeitamento absoluto á minería de grupos ecoloxistas e nacionalistas"
A CIG chama a mobilizarse no 1º de maio "para tirar abaixo este goberno"
Celebrará en Vigo a manifestación central do 1º de maio e alerta de que "Galiza non está mellor que o resto do Estado". Cre que a esquerda debe seguir "acumulando forzas" para acadar un cambio de política en Compostela e en Madrid.
"A Xunta decide: A mina ou nós"
Centos de persoas volveron manifestarse este sábado Xinzo contra o proxecto de instalación dunha mina de feldespatos na comarca. Os representantes da plataforma veciñal Corno do Monte informaron dos resultados da xuntanza que mantiveron coa subdirectora xeral de Minas.
As Xuventudes Socialistas sitúan a Aitor Bouza como secretario xeral
Pachi Vázquez clausura o congreso das mocidades do seu partido cunha defensa do proceso de primarias aprobado polo Comité Nacional
Esquerda Unida aposta por AGE para as europeas e as municipais
Yolanda Díaz subliña que a súa f ormación xa "fixo o debate" e ten "claro" que pulará pola continuidade de Alternativa, un modelo que, segundo Cayo Lara, debera estenderse ao resto do Estado.