Fernández de Sousa, apartado da dirección de Pescanova
O xuíz declara a empresa en concurso de acredores e afasta o consello de administración da dirección da compañía polos "evidentes riscos" que suporía mantela á fronte.
O Diario Cultural reinterpreta 'Cantares Gallegos' para o século XXI
25 poetas rescribirán 30 textos da obra de Rosalía de Castro como parte da conmemoración do 150 aniversario da súa edición.
CC.OO. e UGT chaman a mobilizarse no 1º de maio ante os "estarrecedores" datos do paro
Convocarán manifestacións nas sete cidades galegas e mais en Vilagarcía e Viveiro. Salientan que nos últimos tres anos "por cada décima que se reduciu o déficit -1,4%- o desemprego aumentou máis de medio punto". A Coruña acollerá a manifestación central destes dous sindicatos.
Galicia ten 10.000 parados máis que hai tres meses e España supera os 6 millóns
A cifra de desempregados en Galicia alcanza as 287.400 persoas e eleva a taxa ao 22,35%, segundo os datos da EPA.
Un proxecto urbanístico ameaza a Torre de Hércules
A Asociación de Veciños Atocha-Monte Alto-Torre de Hércules e o Instituto de Estudos “Torre de Hércules” denuncian que o plan do Concello para urbanizar o seu entorno poderia significar a perda da súa consideración como Patrimonio da Humanidade.
AGE demanda a creación do Parque Natural do Courel
O deputado David Fernández Calviño tamén pregunta pola parálise das xuntas consultivas da rede de parques naturais de Galicia
Galicia tamén canta o 'Grândola'
Están convocados actos en varias cidades e hai unha chamada a concentrarse o 25 de abril na Praza do Obradoiro. O BNG participará en Lisboa nos actos conmemorativos da Revolución dos Cravos
'O Apóstolo' competirá na sección oficial de Annecy, o meirande certame de animación
Todo o sector da animación internacional darase cita na cidade francesa do 10 ao 15 de xuño. O Apóstolo presentarase o día 12 e o seu director, Fernando Cortizo, ten programada unha charla-coloquio na que achegará os detalles da película a profesionais e técnicos internacionais
O PSOE de Muros intenta lexitimar cunha moción as actitudes contra o galego no Concello
Intenta defender, co apoio do PP, a actitude do asesor xurídico, que foi denunciado por poñer trabas ao uso do galego. O grupo socialista presenta unha moción contraria á regulación do uso da lingua propia na administración local.
Case trinta iniciativas pola defensa dos animais no Parlamento galego
O Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais, que xunta deputados de PSdeG, AGE e BNG, aumenta a súa actividade e céntrase agora no maltrato aos cabalos e no "entramado taurino".
Corcoesto podería ser o destino de residuos tóxicos de toda Galicia, segundo 'Salvemos Cabana'
A plataforma amosa a súa "profunda preocupación" polo plan mineiro da Xunta, que pode multiplicar por dez o volume de refugallos xerados na mina. Só en Corcoesto a Declaración de Impacto Ambiental prevé o emprego de 546.000 quilos anuais de cianuro de sodio.
CxG inicia a campaña “Están seguros os nosos cartos?”
A formación realizará actos en Vigo, este martes, en Ferrol o vindeiro día 29 e en Ponteareas o 4 de maio, para informar sobre a crise bancaria, os aforros e os produtos financeiros.