AGE reclama a retirada da Medalla Castelao a Méndez e Gayoso
Yolanda Díaz subliña que as distincións "non deben sufrir a deshonra de seren entregadas a persoas que defraudaron a confianza depositada nelas e causaron moi graves prexuízos á nosa sociedade".
Como se festexa a entrada dun novo ano no mundo?
Sen Pasaporte, o blog de viaxes de Praza Pública, amosa distintas maneiras nas que se celebra o aninovo en todo o planeta, dende as ofrendas ao mar do Brasil ou a tradición de romper pratos en Dinamerca, até o Auld Lang Syne cantado en Londres.
Lanzan unha campaña para desintoxicar os fogares
O blog Un claro no bosque dá conta da campaña Fogar sen tóxicos, impulsada pola Fundación Vivo Sano para minimizar a exposición a moitas substancias carcinoxénicas e alerxénicas presentes nas nosas casas.
A Caravana a Gaza 2013 comeza en Rivas Vaciamadrid
O 12 de xaneiro este concello madrileño acollerá a Gala de circo para la paz en Palestina, organizada polo Festiclown e Pallasos en Rebeldía e na que participarán Leo Bassi ou Amparo Sánchez.
A Xunta financia os medios cunha inxección de 1,7 millóns
A Secretaría Xeral de Medios fai público o resultado das súas axudas anuais, convocadas en réxime de concorrencia non competitiva. A liña de axudas para publicacións periódicas redactadas en galego suma 445.000 euros
O BNG esíxelle a Fomento que non suba os prezos nos trens de media distancia
A nacionalista Rosana Pérez ve no encarecemento dos billetes a "porta de entrada para o desmantelamento de servizos ferroviarios" e lembra que Galicia "non conta con rede de cercanías a pesar de ter máis poboación" que outros territorios que si dispoñen dela
A afección mantén viva a esperanza da selección galega
Galicia imponse por 3-2 a Curdistán no partido organizado por Siareiros Galegos para reivindicar a oficialidade dos combinados deportivos do país. Galería de imaxes no interior
O PP defende o seu orzamento "das persoas": "as autonomías poderosas mírannos con envexa"
Os conservadores obvian o recorte social de case 160 millóns de euros nas contas de 2013 e afirman que a súa "aposta polas políticas de benestar soporta a comparación con calquera administración progresista"
Os fondos para políticas activas de emprego perden catro de cada dez euros en Galicia
Os Orzamentos da Xunta confirman unha redución de máis do 40% nas partidas destinadas á promoción do emprego e á mellora do mercado de traballo, ao perder máis de 136 millóns de cara a 2013.
A 'Coruñavidad' de Carlos Negreira "ridiculiza" a cidade, di A Mesa
A asociación en defensa da lingua lamenta que a campaña publicitaria impulsada polo consistorio coruñés para o Nadal estea inzada de "tópicos falsos", reduza á mínima expresión a presenza do galego e mesmo inclúa topónimos deturpados
Galicia perderá case 130.000 habitantes en dez anos
As proxeccións demográficas do Instituto Galego de Estatística debuxan un escuro panorama, co envellecemento disparado e a natalidade moi por baixo das defuncións
Feijóo pide "trato diferenciado" para os investidores de NGB que perderían os cartos
Reclamará ao FROB unha solución porque inxectaron cartos "de boa fe e coa garantía do Estado".