Feijóo usou un coche da embaixada española na Arxentina para facer campaña
O secretario de Estado de Exteriores confirma, a preguntas do PSOE, que o presidente da Xunta utilizou, como candidato á reelección, un automóbil público durante a súa xira electoral a Sudamérica
Mariña Pérez Rei gaña o premio para artigos normalizadores do Concello de Carballo
O seu texto O sotaque de Aurelia foi escollido entre os 46 traballos presentados. A profesora e escritora recollerá o galardón o 15 de maio e o seu artigo será publicado por unha ducia de medios de comunicación, entre eles Praza, o día 19.
Máis de 14.000 beneficiarios poden perder a súa prestación por dependencia en Galicia
A Sociedade Galega de Xerontoloxía advirte das consecuencias dos recortes, que poden deixar sen prestación á metade dos que a reciben no país.
O futuro de Corcoesto dirímese en Europa
A Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños presenta unha denuncia ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. A iniciativa, que conta co apoio de Ana Miranda, podería permitir que os veciños opostos ao proxecto mineiro expoñan a súa situacion no Europarlamento
O paro rexistrado en abril baixa en só 728 persoas en Galicia
O descenso do 0,25% é menor que o rexistrado no Estado (0,91%), onde o número de desempregados baixa dos cinco millóns.
Constitúese o grupo promotor da Iniciativa Galiza pola Soberanía
A plataforma celebrou unha xuntanza este sábado en Compostela. Quere "desenvolver un intenso traballo social para colocar no seo da sociedade galega o debate sobre a necessidade de exercermos a soberanía".
O BNG advirte da non renovación dos contratos de cinco hidroavións
O Bloque pregunta ao Goberno central pola decisión, que deixaría Galicia "desprotexida en grandes incendios como o do ano pasado en Ourense".
Avoaescola lanza en Ferrolterra o seu primeiro centro infantil en galego
O proxecto cooperativo, que se presenta o vindeiro mércores en Fene, abrirá as súas portas en outono e ofrecerá educación vehicular en lingua galega para cativos de até seis anos.
Ramón Nicolás e Begoña Caamaño, premios AELG de ensaio e narrativa
'Morgana en Esmelle' recibiu o premio á mellor obra narrativa, mentres que ou autor de 'Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro' tamén foi galardoado polo seu blog literario.
Be Brilliant, Be Beautiful
Cianuro nas mazás, o blog de ciencia de Praza Pública, publica unha reflexión sobre a presenza e relevancia das mulleres na ciencia. Tira de exemplos históricos e tamén de iniciativas recentes para solventar unha anomalía aínda non resolta.
Gas Natural pretende eliminar a atención ao cliente en galego e desde Galicia
O comité da empresa que presta este servizo a Unión Fenosa Comercial advirte do desmantelamento e posible despido de 105 traballadores.
O BNG pide respostas desde os concellos "para combater a exclusión social"
Xavier Vence pide que os municipios "non queden só na denuncia social", senón que "estabelezan as vías necesarias para paliar os efectos nocivos das políticas antisociais da Xunta e de Madrid".