Nairo Quintana: a forza da vontade
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, analiza a figura do ciclista colombiano, revelación deste Tour e principal ameaza de Froome nas etapas dos Alpes.
Debate na Praza: A reforma electoral alén da proposta de Feijóo
Varios expertos analizarán no encontro se existe ou non necesidade de modificar a actual Lei de Eleccións e os posibles modelos alternativos. Carlos Neira Cortizas, Francisco Martínez Hidalgo e Xosé Antonio López Rei conversarán sobre o asunto.
Feijóo e o PPdeG miran cara a outro lado e negan o financiamento ilegal do partido
O presidente da Xunta e Alfonso Rueda repiten argumentario e aseguran que os aludidos "xa desmentiron a información" na que se acusa a formación de recadar 2 millóns de euros en doazóns opacas de construtoras con contratos da Administración.
CxG e PNV estreitan lazos polas súas "numerosas coincidencias programáticas"
Unha delegación de Compromiso reúnese con membros da dirección da formación vasca e abren unha liña de diálogo e colaboración.
A Irmandade que levou o galego ao xuízo do Prestige
Cinco letrados empregaron a lingua propia no macroproceso, todos eles membros da Irmandade Xurídica Galega, que leva anos defendendo a normalización do idioma nas instancias xudiciais.
Martiño Noriega convértese no número dous de Anova
O alcalde de Teo acepta o cargo de coordinador da organización nacionalista logo dun intenso debate nunha coordinadora que engadiu dúas persoas máis á lista proposta nun principio por Xosé Manuel Beiras.
Pachi Vázquez celebra que o PSOE avale as primarias, malia non ser vinculantes
"É un paso máis de liberdade e democracia", di o secretario xeral do PSdeG. O Comité Federal do partido dá luz verde este sábado á celebración dunha consulta para elixir o próximo líder do socialismo galego.
O PPdeG rexistrou 2 millóns de euros en doazóns opacas de construtores en 2006
Os populares galegos terían recibido miles de euros en achegas ilegais por parte de construtores, a maioría contratistas públicos coa Xunta, que non foron rexistradas nas contas oficiais, segundo un informe que revela 'El País'.
Atopado un exemplar "único e extraordinario" do 'Cantares gallegos' de Rosalía
O achádego inclúe unha fotografía inédita da autora e foi encontrado en Vigo, onde un particular se deu conta da importancia do libriño tras contemplar a exposición sobre a escritora.
Case seis de cada dez familias galegas chega con dificultades a fin de mes
Case o 90% dos fogares de Galicia aseguran que non poden facer fronte a gastos imprevistos ou grandes compras, segundo os últimos datos do IGE.
O Valedor reclama á defensora europea que defenda o naval galego ante a UE
Remite unha queixa na que advirte das "dramáticas repercusións" que suporía a devolución do 'tax lease' para Galicia, dubida do principio de boa administración e rebate con cinco argumentos a decisión da Comisión Europea.
En galego, "leite gordo"
A Gentalha do Pichel presenta un novo traballo audiovisual para amosar que, "coa industria do leite, popularizáronse entre nós as denominacións castellanas" dos produtos lácteos mala existiren termos propios da lingua galega para nomear as mesmas realidades. Vídeo no interior