Balbina Gándara asumirá o liderado da MNG co reto de "reconectar coa mocidade"
O referente xuvenil de Compromiso por Galicia celebra esta fin de semana a súa primeira Asemblea Nacional ordinaria, na que Paulo Carlos López deixa a secretaría xeral
O BNG comparte coa esquerda portuguesa a oposición á "troika" no 25 de abril
Unha delegación do Bloque, encabezada por Xavier Vence, participa por primeira vez nos actos oficiais da conmemoración da Revolução dos Cravos en Lisboa
O Colexio de Xornalistas cre que a reforma procesal penal de Gallardón suporá "a reinstauración da censura"
Xunto cos colexios de Catalunya e Andalucia denuncia e o proxecto "posibilita que se poida ordenar o cese da difusión do proceso a través dos medios de información"
As seleccións de rugby de Galicia e Euskadi xogarán en Lugo en maio
Será o 11 de maio nunha xornadas que incluirá actividades moi diversas ao redor deste deporte, entre eles o seven feminino Galicia-Euskadi, concertos e un animado terceiro tempo.
Presentan na Mariña o 'Trivial Feminista'
É unha iniciativa do Observatorio da Mariña pola Igualdade froito de dous anos de traballo. Está composto por 1000 preguntas, entre as que se poden atopar un bo número referidas a mulleres galegas
Fernández de Sousa, apartado da dirección de Pescanova
O xuíz declara a empresa en concurso de acredores e afasta o consello de administración da dirección da compañía polos "evidentes riscos" que suporía mantela á fronte.
O Diario Cultural reinterpreta 'Cantares Gallegos' para o século XXI
25 poetas rescribirán 30 textos da obra de Rosalía de Castro como parte da conmemoración do 150 aniversario da súa edición.
CC.OO. e UGT chaman a mobilizarse no 1º de maio ante os "estarrecedores" datos do paro
Convocarán manifestacións nas sete cidades galegas e mais en Vilagarcía e Viveiro. Salientan que nos últimos tres anos "por cada décima que se reduciu o déficit -1,4%- o desemprego aumentou máis de medio punto". A Coruña acollerá a manifestación central destes dous sindicatos.
Galicia ten 10.000 parados máis que hai tres meses e España supera os 6 millóns
A cifra de desempregados en Galicia alcanza as 287.400 persoas e eleva a taxa ao 22,35%, segundo os datos da EPA.
Un proxecto urbanístico ameaza a Torre de Hércules
A Asociación de Veciños Atocha-Monte Alto-Torre de Hércules e o Instituto de Estudos “Torre de Hércules” denuncian que o plan do Concello para urbanizar o seu entorno poderia significar a perda da súa consideración como Patrimonio da Humanidade.
AGE demanda a creación do Parque Natural do Courel
O deputado David Fernández Calviño tamén pregunta pola parálise das xuntas consultivas da rede de parques naturais de Galicia
Galicia tamén canta o 'Grândola'
Están convocados actos en varias cidades e hai unha chamada a concentrarse o 25 de abril na Praza do Obradoiro. O BNG participará en Lisboa nos actos conmemorativos da Revolución dos Cravos