O PP incumpre a súa promesa e aproba a Lei de Cadea Alimentaria que permite vender a perdas
O Senado dá visto e prace á nova normativa co voto favorable dos senadores galegos, malia que Feijóo prometera impedir que se deixase vender por baixo dos custos de produción. "O PP traizoa o sector lácteo", denuncia o SLG.
Almunia insiste en pedir a devolución do 'tax lease' mentres Vigo sae á rúa polo naval
Rexeita os argumentos presentados polo ministro Soria e os presidentes de Galicia, Euskadi e Asturias. Milleiros de cidadáns maniféstanse para reclamarlle á Comisión Europea que dea marcha atrás.
O Festigal volve con música e "rebeldía"
A Quenlla, Sés, Festicultores e Nao encabezan o cartel da duodécima edición do festival organizado por Galiza Sempre e Galiza Nova, que desta volta incorpora tamén un espazo para o deporte
CxG propón un acto "unitario" para o 25 de xullo que se sume aos dos partidos
Bascuas anima a todas as "organizacións políticas, sindicais, culturais e sociais" a organizar un evento en réxime de "autoconvocatoria" que sería "de interese" para "o conxunto do país".
A pésima situación económica da multinacional da mina de Corcoesto
A Xunta exíxelle máis garantías económicas a unha compañía que tería que ampliar o seu capital en case 26 millóns de euros para poder asumir o investimento. Anova cre que as peticións do Goberno galego "non é mais que unha pantomima fraudulenta en conivencia coa empresa".
O xuízo do Prestige, visto para sentenza case once anos despois da catástrofe
O xefe de máquinas pide "perdón" a Galicia polos danos causados pola marea negra e a avogada de López Sors volve defender a decisión de afastar o buque da costa.
Case 28.000 afectados polas preferentes de Novagalicia piden liquidez ao FGD
O 36,7% dos preferentistas solicitaron a compra das súas accións e case 8.000 pasarán a ser accionistas definitivos da entidade.
A Xunta paraliza a mina de Corcoesto
A Consellería de Economía comunica á empresa que non autoriza polo momento o proxecto ao "non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica".
A Subdelegación do Goberno segue a multar activistas sociais da Coruña
Envía dúas novas propostas de multas contra cidadás que se mobilizaron polo dereito á vivenda ou en contra dos recortes. Stop Desafiuzamentos convoca unha manifestación o vindeiro xoves "contra a criminalización dos movementos sociais".
Os gandeiros insisten en que a Lei de Cadea Alimentaria prohíba vender a perdas
COAG e SLG reclaman que a venda por baixo de custos sexa sancionada na nova norma ante o Senado, que votará a lei o vindeiro xoves.
As rías galegas deberán seguir esperando por unha solución
A Eurocámara conxela o expediente sobre a contaminación das rías tras acceder a consultar aos servizos xurídicos o procedemento a petición dos populares europeos.
Galicia, coprotagonista tamén nos papeis orixinais de Bárcenas
Os documentos orixinais ratifican o financiamento irregular do PPdeG a finais dos 90, ademais do cobro de sobresoldos en negro por parte de Rajoy cando era ministro de Aznar.