FARTAS liberan o neno Xesús, que pasa a noite nun caixeiro
A figura foi depositada ás 3.30 da madrugada nun caixeiro de Compostela "como tantos outros cidadáns e cidadás anónimas". O colectivo afirma que "pronto a maioría social demandará unha sociedade igualitaria onde onde ninguén espertará sen casa, sen traballo, sen saúde, sen acceso ao ensino"
Varias manifestacións protestarán este venres contra os desafiuzamentos
Distintas plataformas organizan marchas este 28 de decembro, día dos inocentes, en protesta polos desaloxos e na demanda de solucións coma a dación en pago ou a creación dun parque social de vivendas.
Chega o 'Festival ecuménico da canción atea e libertaria'
A cervexaria Grândola en Ourense acolle este xoves esta cita, máis lúdica que musical, que acada a súa terceira edición, organizada polo Espazo Cultural Aberto.
BNG, IU e ERC critican o discurso do Rei, "falto de autocrítica" e "lonxe da realidade"
A mensaxe do monarca reivindicou a "unidade" dos partidos ante a crise económica, que centrou a súa intervención. Tamén realizou veadas alusións ao proceso soberanista aberto en Catalunya. PP e PSOE aplauden o discurso real.
"O neno Xesús continúa no noso poder"
Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susiño (FARTAS), que hai uns días secuestrou a figura do Belén que o Concello de Santiago instalou no Obradoiro en protesta polos recortes e os desafiuzamentos, amosa que o neno se atopa en bo estado. Vídeo no interior.
"Debemos elaborar unha proposta de nación que sirva para os nacionalistas e para os non nacionalistas"
Xaime Subiela foi galardoado co Premio Ramón Piñeiro de ensaio coa obra Para qué nos serve Galiza? Realiza unha proposta galeguista en clave de republicanismo cívico, coherente coa historia do nacionalismo galego, hibridado cos movementos emancipadores.
Un nadal de folga para os traballadores do Hostal
Convocaron folga para os días 24, 25, 31 e 1 contra o ERE proxectado para os Paradores e en protesta porque nas negociacións non se teña en conta a participación co comité do centro compostelán que, reiteran, leva anos "dando beneficios reiterados". Os sindicatos cifran nun 75% a participación no paro.
Ardalén e El Héroe 2, entre os "imprescindibles" do cómic en 2012
Os libros de Miguelanxo Prado e David Rubín figuran en todas as listas coas mellores obras de banda deseñada do ano.
Camiñando contra o parque eólico do Morrazo
Un cento de persoas participan no roteiro organizado este domingo pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo en protesta polo proxecto de instalación de 14 aeroxeradores en Pedras Negras
Leiceaga ve necesario "desterrar" o "sectarismo" de Pachi Vázquez no PSdeG
Aposta por un partido "onde haxa máis participación da militancia" e "máis autónomo e máis progresista" para conformar "un proxecto para a maioría" que "nin BNG nin AGE están en condicións de facer".
Falece Ceferino Díaz, histórico galeguista do PSdeG
Morre aos 65 anos un home clave na consecución e consolidación do autogoberno galego e tras unha brillante traxectoria como deputado no Parlamento galego e no Congreso. Vídeo no interior.
O recorte aos funcionarios cébase en quen menos ten
A CIG detalla as porcentaxes de redución salariais aplicadas pola Xunta a cada grupo e nivel dos empregados públicos e asegura que os axustes non son proporcionais ao nivel dos soldos, tal e como defende o Goberno.