As Plataformas de Afectados por Preferentes acusan a Louzán de "demagoxia" e de "faltar á verdade"
O presidente da Deputación de Pontevedra criticou "os grupos que politizan o conflcto" actuando como "comandos contra o PP". Os afectados lembran a "responsabilidade" do PP e instan os seus cargos electos a "dimitir" se finalmente se aplican as quitas.
Aymerich censura a "viraxe" do BNG e aclara que Vence non é o seu candidato
O deputado nacionalista reclama "novas fórmulas" para colaborar con Anova ou Compromiso porque di estar convencido de que "os que marcharon do Bloque non van volver".
Máis de 20.000 nas rúas polo Día da Clase Obreira Galega
Unhas 22.000 persoas maniféstanse nas diversas marchas convocadas por CCOO e UGT e pola CIG "contra o desemprego e pola rexeneracion democrática" e "contra a pobreza e a explotación".
Cuestión de educación
Praza PúblicaFerrín advirte de que "sempre se pode cambiar de opinión"
O presidente da RAG abre a posibilidade de dar marcha atrás na súa anunciada dimisión. Manuel Rivas aclara que solicitará que "reconsidere a súa posición" e felicítao por presentar un recurso contra o decreto do plurilingüismo.
O Bloque renova a súa executiva nun 80%
O Consello Nacional aproba co 85% dos votos unha proposta para a nova dirección, liderada por Xavier Vence e na que entran Ana Miranda, Bieito Lobeira ou Néstor Rego e saen Carme Adán, Ana Pontón ou Fernández Lores.
Nas rúas de Compostela polos dereitos das mulleres
O feminismo galego marcha pola capital galega malia a chuiva nunha manifestación apoiada por 24 colectivos e entidades.
Vence liderará o BNG
O economista encabezará a única lista que se presentará na Asemblea Nacional do Bloque e na que se reduce o peso da UPG pero na que non se incluirá a corrente crítica de Abrente.
MUNCYT
Praza PúblicaO goberno do PP en Cangas cancela tres contas en Novagalicia pola "estafa" das preferentes
José Enrique Sotelo cancela tres contas do Concello na entidade para non ser "cómplice" dun calote para o que pide "unha solución".
"Rosalía de Castro deixou de escribir en galego por xente como esta"
Marta Rivera de la Cruz carga contra os que critican que fose a convidada á homenaxe á autora, especialmente contra o BNG, que censurou a súa belixerancia contra a lingua propia. A Mesa critica que se "excluíse a todas as escritoras en galego".
Pilar Pereira recibirá o premio de honra Marisa Soto 2013
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia recoñece con este galardón a ampla e frutífera traxectoria da intérprete ao longo de máis de sesenta anos. A actriz será homenaxeada na entrega dos premios do teatro, que se celebrará o vindeiro 27 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.