Seis de cada dez persoas que quedan en paro en Galicia son menores de 35 anos
A CIG advirte de que 400.000 galegos corren o risco de quedar sen convenio colectivo neste ano na presentación do seu informe sobre o mercado laboral, que achega datos desoladores para un país que suma unha media de 116 parados diarios.
Boa parte de Galicia ve recortado o seu servizo de ferrocarril
O Ministerio de Fomento anuncia que os trens deixarán de parar nas 21 estacións e apeadeiros galegos con só un viaxeiro ao día e naquelas con menos de cinco viaxeiros diarios só se manterá unha frecuencia. A CGT considera "unha parvada" a medida pois a gran maioría destas paradas "teñen a consideración de paradas facultativas"
AGE pídelle á Xunta que amplíe o prazo de renuncia ás bolsas predoutorais e evite que se perdan un terzo delas
Un terzo das 75 bolsas predoutorais da Xunta "podería perderse nun limbo burocrático", segundo o deputado David Fernández, se a Consellaría non atende ás reivindicacións dos estudantes que figuran na lista de espera
Alertan do "demantelamento" da cultura como "motor social e económico"
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural presenta un documento que denuncia que os recortes poñen en perigo o dereito da cidadanía "a acceder de xeito igualitario á cultura e ao coñecemento" e provocan a desaparición de estructuras, iniciativas e redes "que será moi difícil recuperar".
Creamos(Nós); mulleres artistas en 1ª persoa
O vindeiro 8 de marzo inaugúrase en Cangas a exposición comisariada por Paula Cabaleiro, que reúne 25 artistas de toda Galicia. O obxectivo é "fuxir de victimismos" e presentar "unha xeración de tecedoras da cultura que reivindican a posición da muller na arte contemporánea".
Peche no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física de Ferrol contra os recortes
Trátase da primeira acción aprobada pola asamblea ante o que consideran "unha política de agresións constante contra os seus dereitos laborais". As traballadoras recibiron este luns a visita da parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz.
Heredeiros da Crus comezan a gravación do seu novo disco
O novo disco da banda comezará a gravarse esta semana, nos estudos Bruar da Coruña. O resto da gravación realizarase nalgún lugar do Barbanza aínda por concretar
O Sergas obriga un paciente a adiar unhas probas por solicitar a documentación en galego
A Mesa denuncia que o Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, onde o paciente foi derivado para o preoperatorio, só dispuña de documentación en castelán.
De Vigo ao ceo
Lanzan un globo de helio á estratosfera dende a cidade olívica. O artefacto chegou até os 31.000 metros, onde estoupou. Pero antes deixou varios minutos de imaxes impresionantes.
O 37% dos parados galegos non ten cobertura de desemprego
A contía media da prestación contributiva é de 818,4 euros en Galicia, a terceira máis baixa de todo o Estado.
Ferrolterra mobilizouse pola Sanidade Pública
Milleiros de persoas participaron este domingo na manifestacion convocada en Ferrol pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en contra dos recortes e das privatizacións de servizos.
O paro sobe en Galicia en máis de 2.000 persoas en febreiro
O país roza os 300.000 desempregados, tras sumarse 2.033 máis ás listas no pasado mes, o que supón un incremento do 0,7%, inferior á suba do 1,29% no Estado, onde os parados xa son máis de cinco millóns.