Os sindicatos plantan á Xunta na negociación dos horarios do persoal público
CIG, CCOO, UGT e CSI-F non acudirán á xuntanza convocada polo Goberno galego con vinte e catro horas de antelación e sen facilitar previamente o documento que se ía discutir
"O prioritario agora é deter a mina de Corcoesto"
A Rede contra a Minería Destrutiva xustifica a creación dunha plataforma galega pola necesidade de dar "unha resposta global" a un problema "que afecta xa a todo o país" e centra os seus esforzos no proxecto de Bergantiños. "A súa aprobación sentarían un precedente moi perigoso", din.
Alonso Montero inclúe a Monteagudo e Margarita Ledo na súa lista á RAG
O BNG censura que o PP "utilice" a policía autonómica para "protexer a súa sede"
O Bloque revela que as ordes de servizo da unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta contemplan patrullar o entorno das instalacións dos conservadores en Compostela
EU presenta a súa Asemblea Nacional ante o mundo sindical
O encontro terá lugar este sábado en Compostela e nel intervirán Rubén Pérez, Suso Díaz, Juan Fajardo e Yolanda Díaz, que salienta que “é o momento oportuno para escoitar e converxer co sindicalismo de clase”
Rosalía é Mundial: "Farväl älvar, farväl källor"
A Fundación Rosalía e a Universidade de Vigo queren traducir os poemas de Cantares Gallegos a 50 linguas para celebrar os 150 anos da publicación desta obra.
O Consello Escolar de Galicia rexeita o decreto de comedores
O órgano acordou por 17 votos a favor, 13 en contra e unha abstención, a devolución ao goberno galego da norma. A maioría considera que atenta contra a igualdade de oportunidades, non cumpre a función compensatoria e penaliza a poboación do medio rural
ADEGA denuncia que a Xunta "teima en apoiar o sistema Pescanova" para a acuicultura galega
A asociación critica que o Plano Director de Acuicultura está "escandalosamente sesgada cara a acuicultura industrial en terra, esquecendo que o groso do sector e dos postos de traballo corresponden á acuicultura a flote, o marisqueo e aos cultivos mariños"
O BNG pide acelerar o relevo do Valedor tras tomar partido nas fotos de Feijóo e Dorado
Os nacionalistas reclaman reiniciar o proceso para nomear unha nova persoa titular da institución despois de que José Julio Fernández considerase que as imaxes do presidente da Xunta co narco carecen de "interese xornalístico"
'Galiza Mutante: Poder Nuclear!', un futuro postapocalíptico
A novela de Tomás González Ahola, editada conxuntamente entre Urco editora e Contos Estraños editora, presenta unha sociedade que rexorde moitos anos despois dun cataclismo en Cmph'sthulhu
"Escrache institucional" contra os deputados do PP que avalaron a quita
O BNG presenta mocións nos concellos galegos para declarar "persoas non gratas" aos parlamentarios populares que "avalaron o atraco sobre os aforros de milleiros de galegos".
Nacen os Premios Galegos da Música
Os galardóns, que se entregarán a finais de ano, están convocados polo colectivo Músicos ao Vivo e contan con 11 categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile.