Anxo Quintana: "Se son eu o das fotos, viríame buscar a Garda Civil"
O ex vicepresidente da Xunta lamenta "que se faga unha equiparación" entre as fotos de Feijóo cun contrabandista e as súas cun empresario e que se lle coloque de novo no foco público. "Estou contentísimo de non estar nesta inmensa lameira que é a política", di.
O paro baixa en 1.636 persoas en Galicia, que ten case 15.000 parados máis que hai un ano
Supón un descenso do 0,56% con respecto a febreiro. O desemprego diminúe no Estado en case 5.000 persoas.
Equo pide a reconversión da fábrica de armas para evitar a perda de postos de traballo
Defende a reconversión de Santa Bárbara noutro tipo de actividade "que promova a actividade industrial en consonancia co medio ambiente, xa que a xestión dos procesos industriais debe facerse introducindo criterios ecolóxicos que teñan como consecuencia unha sostibilidade real da actividade produtiva"
“É un enorme alivio para os millóns de pacientes e médicos que dependen dos medicamentos producidos na India"
O Tribunal Supremo indio rexeitou este luns a apelación de Novartis, tras sete anos de batalla legal sobre a Lei india de Patentes. O veredicto do Supremo é unha gran vitoria no acceso a medicamentos esenciais de calidade nos países en desenvolvemento.
"É imposible que Feijóo non soubese quen era Marcial Dorado"
Manuel Fernández Padín, narcotraficante arrepentido e testemuña protexida na operación 'Nécora', non cre as explicacións do presidente da Xunta e denuncia a "connivencia" entre as autoridades e o contrabando "xa na época de Alianza Popular".
Alonso Montero ofrece unha lista de consenso con el como presidente da RAG
O académico presenta oficialmente a súa candidatura á Academia e insta a Manuel González a propoñer dous nomes para completar o seu equipo directivo.
Chega o tempo da verbena... e galega!
Verbena galega é un proxecto de Culturactiva SCG para "galeguizar" as festas. A oferta inclúe un tráiler, un grupo de música tradicional, un de "pachanga" e un picadiscos para o remate da festa. Grupos como Pandeiromus, A Compañía do Ruído ou O Sonoro Maxín forman parte do cartel.
'Salvemos Cabana' acudirá a instancias europeas se a mina de Corcoesto é autorizada
A entidade pídelle á Xunta que aplique o "principio de cautela" ante o dano que podería provocar a explotación e lembra a resolución aprobada polo Parlamento europeo en 2010 que alerta dos perigos dos proxectos mineiros de carácter aurífero a ceo aberto.
FSM 2013: "Túnez ensínanos que nun certo momento hai que liberar o terreo e deixar espazo a novas forzas"
O Foro Social Mundial pechou a súa novena edición este sábado con 50 mil participantes e un balance "moi positivo", en palabras do historiador Eric Toussaint.
A Semana Galega de Filosofía reivindica a importancia da memoria
A Aula Castelao abre este luns a trixésima edición da Semana de Filosofía, que se desenvolverá até o venres. Esta convocatoria xirará ao redor do eixo temático Filosofía e Memoria
As Fragas do Eume, ante os mesmos riscos un ano despois do lume
Os colectivos ecoloxistas denuncian o grave risco que segue a supoñer a eucaliptización do parque natural e a inexistencia do obrigado Plan Reitor de Usos e Xestión ou dun plan forestal, o que impide a conciliación da explotación forestal e a biodiversidade.
As fotos de Feijóo co narco Marcial Dorado sacuden a política galega
El País publica imaxes do presidente xunto ao contrabandista que cumpre condena na cadea. O xefe do Executivo denuncia os intentos de "amedrentalo" e di que se explicará no Parlamento mentres a oposición pide aclaracións contundentes ou que dimita.