Centos de manifestantes piden futuro para a Fábrica de Armas da Coruña
Nunha marcha reclaman "o mesmo trato" que o Ministerio de Defensa está a dar a outras factorías do Estado.
A Universidade de Vigo nega que apoie a mina de Corcoesto
Advirte que denunciará a empresa mineira "se utiliza a sinatura dun convenio para xustificar o proxecto" e aclara que o acordo só consiste en elaborar un informe para avanzar nas medidas protectoras e correctoras establecidas na Declaración de Impacto Ambiental.
A dobre cara dos alcaldes do PP ante as preferentes
Mentres rexedores como o de Cangas ou Moaña se solidarizan cos afectados e incluso se pechan con eles, outros como os de Sanxenxo ou Ponteareas recorren ás forzas de seguridade para apagar as protestas.
Perderse por Galicia na Semana Santa
Sen pasaporte, o blog de viaxes de Praza Pública, fai dez propostas para viaxar estes días polo noso país: Ancares, Cuntis, Fervenza da Toxa, Viveiro, Ferrol, Costa da Morte...
A conspiración Verde
Eduardo Maroño analiza en Qadriños, o blogue de Praza dedicado á banda deseñada, o volume Verde, 16 minicómics (9,5 x 7,5 cm; 20 páxinas) elaborados por outros tantos autores
Os alcaldes do BNG amosan a súa solidariedade cos afectados polas preferentes
Os rexedores do Bloque reuníronse en Compostela e denunciaron a quita aos aforros dos miles de familias galegas estafadas polos bancos. Elaboraron un manifesto de apoio.
Centos de persoas maniféstanse en Xinzo contra a mina de feldespatos
Protestan contra o proxecto que a empresa Minercer S.L. de Castellón pretende levar a cabo en varias parroquias do concello limiao.
Un avogado vigués entregará no Ministerio de Xustiza 170.000 sinaturas contra a Lei de Taxas
Fabián Valero, portavoz de Avogados Novos, recolleu os apoios a través de change.org. Estará acompañado de representantes do Consello Xeral da Avogacía Española.
A Xunta acatará a sentenza que anula os concertos cos centros que segregan por sexo
A oposición pide que os 3 millóns que suporían eses concertos sexan destinados á mellora da educación pública e, máis concretamente, a sufragar os comedores escolares.
CxG impulsará unha xuntanza de concellos se a Fegamp non debate a reforma da administración local
Para Xoán Bascuas, o anteproxecto de lei só é “unha cortina de fume para impulsar un modelo de Estado centralista e caduco onde se potencia o papel das deputacións e para avanzar na privatización de servizos públicos, recortando así a autonomía municipal”
AGE e BNG acusan a Feijoo de ser "vasalo dos bancos" e "refén da oligarquía madrileña"
Yolanda Díaz e Francisco Jorquera denunciaron en senllas preguntas no pleno do Parlamento que o presidente da Xunta practica o "escapismo" e a "política do permanente engano” en lugar de enfrontar os problemas.
O PSdeG leva ao Constitucional o copago nos comedores escolares
Pachi Vázquez anuncia que acudirá á Xustiza para deter unha medida do que Feijóo se declara "orgulloso" no Parlamento.