CXG reclama a inclusión do fútbol feminino no Teresa Herrera
A formación remitiulle unha carta a Lendoiro e recolle a proposta que xa fora presentada por Mudega e pola Asociación Española de Mulleres
Futbolistas.
O cinema que trouxo maio e traerá xuño
O blog Cinema na Praza David González fai un repaso polas estreas máis recentes e polos títulos que chegarán ás pantallas ao longo deste mes: Xavier Dolan, Olivier Assayas, Ben Wheatley, Abdellatif Kechiche...
Denuncian un empresario vigués por agredir traballadoras que reclamaban o seu salario
Dúas delas tiveron que ser atendidas en urxencias tras unha protesta autorizada fronte á casa do propietario dunha cadea de roupa para reclamar o pago dos salarios e da indemnización que lles adebedan.
O BNG leva ao Congreso unha iniciativa para que non se eliminen trens en Galicia
A Comsión de Fomento debatirá e votará unha iniciativa da deputada Rosana Pérez para que Fomento dea marcha atrás no seu Plan de supresión de servizos de tren no tpaís.
San Xoán de Río acolle un campamento espacial
Trátase dun campamento de verán para nenos e nenas que aúna ciencia, astronomía e aventura. Inclúe observacións astronómicas, manexo de telescopios, microscopios e do planetario dixital, e o lanzamento de cohetes de auga.
Xabier López e Antonio Fraga Allegue, premios Xerais de novela e literatura infantil
Os autores foron premiados por Cadeas e O castañeiro de abril, respectivamente, nunha gala onde o director da editorial reclamou "maior atención para o mundo do libro e da cultura" en tempos de crise.
No país que marcha ben
Praza Pública
Anova aposta polas listas abertas pero cun límite de candidatos aos que votar
A formación nacionalista decide que cada un dos militantes poderá marcar un máximo de 36 persoas para formar parte da coordinadora nacional logo dun intenso e longo debate.
EU ratifica a Yolanda Díaz como líder e insiste en fortalecer AGE
A formación márcase como obxectivo "contribuír" a que a coalición con Anova sexa "a alternativa a Feijóo".
O PSdeG cre que Feijóo "toma o pelo" ao Parlamento ao non facilitar os contratos con Dorado
Pide ampara á presidenta da Cámara, á que acusa de ser "cómplice" do Goberno galego por "tolerar" que non dea "resposta válida" ás iniciativas dos socialistas sobre as relacións da Administración co narcotraficante.
O alcalde de Cabana denega un espazo municipal para informar sobre a mina
A Plataforma en Defensa de Corcoesto denuncia que o Concello denegou a solicitude para realizar un acto informativo sobre o proxecto no Auditorio Municipal, malia que o rexedor participou hai unhas semanas nun acto da empresa mineira no mesmo espazo.
Stop Desafiuzamentos denuncia a "persecución" policial que sofre na Coruña
Aseguran que varios activistas foron ameazados e identificados nunha protesta contra o Parque Ofimático logo de recibir as notificacións de sanción por evitar o desaloxo de Aurelia Rey.