Díaz Pardo como símbolo da conxunción entre empresa e cultura
O Museo do Pobo organiza o 15 de xuño un foro bautizado co nome do creador de Sargadelos que explora "a tradición como fonte de innovación e factor de excelencia”. Daranse a coñecer experiencias galegas, portuguesas ou francesas.
As preferentes de Novagalicia Banco sufrirán unha quita adicional do 15%
Os afectados sufrirán un desconto de arredor do 60% nos seus aforros. O Fondo de Garantía de Depósitos compraralles as accións a cambio dunha comisión extra do 15% e o desconto será menor para quen non acuda aos tribunais.
ALEAS-EU chama a realizar unha manifestación unitaria do Orgullo LGTBI
A Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida rexeita "a mercantilización e o uso partidista da convocatoria na Coruña" e defende "un Orgullo combativo, antipatriarcal, feminista, ecoloxista e anti-heteropatriarcal".
Pop Voyage: Volve o 'barco do amor'
O 28 de xuño celebrarase a segunda edición deste festival que se desenvolve a bordo dun barco que navegará pola noite pola Ría de Arousa. Niño y Pistola, Músculo!, Cazador, Disco Episcopal e She´s in parties DJ poñerán música a unha festa pop con prazas limitadas.
Amigos da Terra e o Fondo Galego apostan pola protección medioambiental en Nicaragua
As dúas entidades celebran o Día Mundial do Medio Ambiente difundindo o seu apoio á conservación de dúas reservas naturais no Golfo de Fonseca
A CIG propón unha folga xeral comarcal en Vigo este mes
Chama as restantes organizacións sindicais "contra a resolución do 'tax lease' e polo futuro da comarca" e acusa a Xunta e o Estado de "non facer nada" para impedir a decisión de Bruxelas "malia coñecer as súas intencións".
"AGE non foi unha carambola, senón a consecuencia dun movemento de varios anos"
Xoán Hermida vén de publicar [Re]construír a esquerda nacional. Desde a Rolda de Rebeldía a AGE, que reúne tres anos de artigos e intervencións sobre a evolución da esquerda galega. Este mércores preséntase en Pontevedra, o xoves en Cangas e o venres en Vilagarcía.
A Psicotroita prepara a súa vinganza
O 21 e 22 de xuño celébrase en Sigüeiro a segunda edición deste festival de música, que reunirá a O Caimán do Río Tea, Yakuzas, Tony Lomba, Familia Caamagno, Samesugas, The Fuzzbombs ou Camarada Nimoy.
O PSdeG reclama de "Non somos cidadáns de segunda" e demanda sanidade de calidade en Lugo
Unha representación do partido na provincia, encabezada por José Ramón Gómez Besteiro e ao redor de 40 alcaldes e voceiros locais, asinou un manifesto que reclama os servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o HULA.
Appentra, spin off da UDC, comercializará o seu software en todo o mundo
Vén de recibir un fondo do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial que lle permitirá distribuír internacionalmente ParallWare, un software pioneiro para automatizar a aceleración dos cálculos en aplicacións de simulacións que teñen altas necesidades computacionais.
Sancionan a Jorquera, dous edís e un bombeiro por deter o desaloxo de Aurelia Rey
Xosé Manuel Carril, concelleiro do Bloque, e César Santiso, de EU, anuncian que pedirán explicacións a Interior de confirmárense os expedientes abertos pola Subdelegación do Goberno e dos que se enteraron pola prensa.
O alumnado do instituto de Guitiriz pide as Letras para Xosé María Díaz Castro
O centro que leva o nome do autor de Nimbos presentará este xoves un documental sobre o poeta, A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro, que nas vindeiras semanas se proxectará en distintas cidades co obxectivo de promover a súa figura.