Máis do 60% dos xornalistas da TVG denuncian manipulación informativa
Os Comités de Empresa da CRTVG entregan no Parlamento 345 sinaturas recollidas entre os traballadores e traballadoras dos medios públicos en demanda dun Estatuto Profesional e denunciando "a manipulación informativa que se practica na TVG e na RG".
"Se queren contar que subiron o Ézaro sen botar pé o chan, deben ser conscientes do seu nivel"
Dende que deixou o ciclismo profesional, Mosquera colabora en todas as iniciativas relacionadas cun deporte que adora. Este sábado estará presente na primeira edición do Desafío do Atlántico – Mirador do Ézaro, unha marcha cicloturista que ascenderá este espectacular porto.
Miranda demándalle á UE que cumpra o mandato do Parlamento e prohíba o cianuro en minas
A cámara europea aprobou unha resolución en 2010 que lle pedía á Comisión propoñer a prohibición completa desta substancia "como única forma segura de protexer os recursos hídricos e os ecosistemas"
Contra o recorte de dereitos, "que se lixe a troika!"
Cinco manifestacións únense en Galicia á mobilización europea contra as "restricións de dereitos e liberdades" derivados das medidas do FMI, o Banco Central Europeo e as autoridades comunitarias. Galería de imaxes e vídeo no interior
Folgos contra a megaminaría dende a outra beira do Atlántico
Asociacións e comunidades integradas no Observatorio de Conflictos Mineiros de América Latina envían a súa "solidariedade" con Galicia e animan a participar na mobilización convocada por ContraMINAcción para este domingo en Compostela
O xuíz do caso Bárcenas pide as contas do PP galego entre 1997 e 1999
A Fiscalía reclama coñecer todos os movementos financeiros dos conservadores en Galicia durante tres anos, nos que Pablo Crespo ocupou a secretaría de organización.
A Xustiza forza a Novagalicia a devolver 549.000 euros en preferentes
Un xulgado da Coruña anula un contrato de colocación de 630 títulos de preferentes e conclúe que a entidade non proporcionou dabondo ao cliente, de 87 anos de idade.
Un manifesto pide á Xunta que paralice as campañas con erros lingüísticos
A última acción publicitaria, Cómete o mar, leva a CTNL a reclamar "un maior compromiso co uso e prestixio da lingua galega e coa calidade lingüística" por parte da Administración autonómica, á que acusa de "desleixo" co idioma.
Música "a ceo aberto" contra a mina de Corcoesto
Zënzar, Sés, Quempallou ou N.O.M. ofrecen de balde este venres en Carballo un recital "contestatario" contra a polítima mineira da Xunta e os proxectos que ameazan Bergantiños e todo o país.
O comité de Navantia aprema a Xunta entre barricadas para que Pemex contrate xa o flotel
Os traballadores aseguran que Feijóo ten só ata o 30 de xuño para tomar unha decisión sobre o buque da petroleira Pemex. Uns 3.000 operarios saen á rúa para volver exixir carga de traballo.
Pontevedra pode quedar sen cines
As oito salas de Cinebox no centro comercial Vialia son as únicas existentes no Concello e pecharán nuns día. Cinesa negocia a compra para manter a súa actividade. Doutro xeito, os máis de 80 mil habitantes da cidade terían que desprazarse a Vigo, Vilagarcía ou a Marín.
A Xunta achega uns 4 millóns á inxección de liquidez a Pescanova
Feijóo confirma un 7% dos 55 millóns de liquidez que solicitou a administración concursal.