AGE acusa a Feijóo de converter Galicia “nunha oportunidade de negocio onde sobran os galegos"
Alternativa denuncia que o futuro plan acuícola é "unha peza más na política de destrución do territorio do PP" e presentou as súas contrapropostas ao proxecto gobernamental. “A idea da Xunta é a desregulación total do noso litoral”, alerta Fajardo.
O Bloque 'ocupa' as sedes dos "culpábeis do roubo á sociedade"
Varios centos de militantes péchanse en oficinas de Novagalicia, edificios da Xunta ou delegacións de Facenda para "sinalar os responsábeis" dunha crise "que é un roubo", e "de quen o ampara".
171 persoas aspiran a formar parte da Coordinadora de Anova
Entre estas 59 mulleres e 112 homes escolleranse 75 que conformarán o órgano de dirección política da formación. A coordinadora elixirá previsiblemente o ou a Portavoz Nacional. Tamén se fixeron públicos os e as aspirates á Comisión Ética e de Garantías.
O xuíz pide o suplicatorio de José Blanco por tráfico de influencias
O maxistrado que instrúe o caso 'Campeón' solicita actuar contra o ex ministro socialista.
Por que os concellos galegos non promoven máis a redución e a reciclaxe do lixo?
Xosé Veiras analiza no blog Un claro no Bosque as alternativas que dende o ámbito local se poden poñer en marcha para non ter que queimar e acumular o lixo
Corcoesto, a mina que ocuparía media Compostela
Equo elabora unhas montaxes que representan con imaxes a tamaño real o espazo que ocuparía o proxecto sobre as principais cidades de Galicia e que amosan "as dimensións desta aberración medioambiental".
UGT denuncia que o Sergas realiza contratacións en fraude de lei nas substitucións das vacacións
O sindicato denuncia que se está "institucionalizando" un modelo de contratacións só en días laborables, no que se da de alta o traballador un luns e de baixa un venres", perdendo os seus dereitos en materia de descanso e o salario correspondente.
Os premios #INLUGO ao bo uso das novas tecnoloxías xa teñen gañadores
Os galardóns do congreso convocado pola Deputación de Lugo recoñeceron o labor da adega Vía Romana, do espazo educativo El Faro de los Tres Mundos, do Colexio Oficial de Farmacéuticos, do tuitero Lucense Enfurecido, e da empresa Intelixencia Visual.
EQUO Galicia celebrará o seu primeiro congreso o 15 e 16 de xuño
Será en Santiago de Compostela e servirá para presentar a súa Comisión Executiva, escoller a súa Mesa Nacional e debater a súa relación con AGE. Asistirán o coportavoz federal de EQUO, Juan López de Uralde, e tamén Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz.
Lugo acolle o Encontro de Estudantes xitanos de Galicia
O evento terá lugar este sábado e busca xerar un espazo de reflexión para as familias e estudantes xitanos e xitanas en torno á importancia do ensino na súa comunidade e tamén un espazo no que se poidan elaborar propostas que faciliten a súa continuidade no sistema educativo
AGE obtivo máis apoios dos votantes do BNG en 2009 que o propio Bloque
O estudo postelectoral do CIS sinala tamén que o 15% dos electores decidiron o seu voto na campaña electoral, que o PP mantivo o 91,5% dos seus votantes sen perder apoios significativos en dirección a ningunha das outras opcións, e que tanto Beiras como Jorquera superan en valoración o líder do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez.
Alegacións e posible denuncia á Fiscalía contra a ampliación da mina de Corcoesto
Salvemos Cabana presenta alegacións ante o novo permiso de exploración e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto levará ás fiscalías de Medio Ambiente e Anticorrupción o plan para converter a zona na megaplanta de tratamento galega "se a Xunta non o para".