Enarborar o Bosque: Arte contra a mina
Este sábado 1 de xuño a carballeira de Santa Mariña de Corcoesto acollerá a terceira edición desta iniciativa, unha romaría de artistas comprometéndose coa defensa do medioambiente e moi especialmente “Contra os proxectos de minería agresiva”.
Agrupación Teatral Furafollas abandona o Centro Galego de Barcelona por discrepancias coa dirección
A entidade denuncia que a nova Xunta Directiva do Centro "é incapaz de integrar as diferentes sensibilidades culturais de tódolos socios" e que "o CGB converteuse nun lugar ermo para proxectos culturais galegos"
Porriño acolle o Festival Free Sahara
Este encontro cinematográfico celébrase entre o 30 de maio e o 2 de xuño e busca informar e sensibilizar sobre o conflito do Sahara Occidental a través de proxeccións e conferencias.
O BNG tenta que o Parlamento investigue o afundimento de Pescanova
Os nacionalistas piden non desbotar a posibilidade dunha participación pública na multinacional pesqueira. O Concello de Vigo pide, por unanimidade, medidas para manter o "emprego" e a "galeguidade" na empresa.
Vigo: Guindastres
Niquelarte, o blog de Patrimonio de Praza Pública, fala hoxe de guindastres: símbolo, pasado, presente e futuro? da cidade de Vigo.
Supermans, Raios X, proteínas e becarios
Daniel Piso publica en Cianuro nas Mazás, o blog de ciencia de Praza Pública, reflexiona sobre a importancia de termos recursos humanos e materiais para a investigación. Ou se non, "teremos que seguir confiando e que os científicos galegos sexan Supermans"
Seixo é reelixido e demanda un “salario de inserción social”
O secretario xeral da CIG obtivo o 90% dos votos nun Congreso que escolleu unha executiva confederal con só dous cambios. O sindicato vai poñer en marcha unha campaña ao redor dunha batería de propostas dirixidas á Xunta en materia fiscal, financeira, industrial e contractual
Un mes para mobilizarse polo dereito ao aborto
O 16 de xuño terá lugar unha gran manifestación nacional en Compostela organizada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que será precedida de actos informativos e concentracións noutras cidades nas vindeiras semanas.
As protestas obrigan a convocar unha asemblea aberta a toda a parroquia para informar sobre Porto Cabral
A reunión dos comuneiros celebrada este domingo pola mañá tivo que ser suspendida ante as protestas cidadás, que denunciaban a falta de transparencia e pedian que se votase en urna. Un forte dispositivo policial provocou a detención de tres persoas polas protestas.
Clausurar os medos
Praza Pública
Porto xa soa a Primavera
O xoves comeza o Optimus Primavera Sound con Nick Cave, The Breeders, Deerhunter, Blur, Grizzly Bear ou My Bloody Valentine como estrelas. Milleiros de galegos e galegas volverán baixar até o Douro seguindo a música.
Escracho ao ILG no 'Dia da Toalha'
Ás habituais celebracións do Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR) incorporouse este ano un escracho ao ILG. Xogos, unha breve manifestación, concertos e o pregón de Teresa Moure completaron o programa.