Os Parga Pondal piden a creación dun corpo de investigadores único en Galicia
Os membros desta asociación fixéronlles chegar aos grupos parlamentarios as súas recomendación para redacción da nova Lei de Investigación e Universidades de Galicia, co obxectivo de evitar a marcha de talentos e de darlles estabilidade laboral.
O BNG contrapón unha reforma electoral "democrática" ao recorte de escanos do PP
O Bloque rexistra unha proposta de modificación da lei de eleccións que mantén os 75 escanos e fixa por lei a celebración de debates electorais
25 de maio: 'Toalhas' contra tropas imperiais
Este sábado Compostela acollerá dous eventos ben distintos pero que de seguro sorprenderán a quen non estea avisado: por unha banda, o Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata e Dia Internacional da Toalha. E pola outra o segundo Imperial Stormtroopers, que coincidirá co 30 aniversario da estrea de O Retorno do Jedi.
O BNG alerta da "primavera negra" da industria galega e pídelle á Xunta que actúe xa
Carme Adán denuncia a continua destrución de empresas e postos de traballo en Galicia e reclama solucións á crise de Pescanova ou sectores claves como o eólico.
O PSdeG asume a alcaldía do Valadouro “tras 25 anos de retroceso do PP”
Cualifica a moción de censura presentada conxuntamente con BNG e Udival como “un acordo feito desde a responsabilidade e o compromiso cos veciños e veciñas, que merecen outra forma de goberno coa que estamos moi ilusionados”
Cabral elixe este domingo entre megacentro comercial ou monte comunal
Os membros da comunidade de montes decidirán en asemblea se lles venden os terreos a Eurofund Investments para a construción dun centro comercial nun dos bosques que arrodea a cidade de Vigo.
AGE adhírese ao Pacto Galego contra a Pobreza e denuncia "a actitude hipócrita do PP"
A formación critica que os populares, que asinaron este texto, "manteñen políticas de recortes encamiñadas a desmantelar a cooperación para o desenvolvemento en Galicia e noutras comunidades"
Sousa nega un burato de 3.000 millóns e di que o valor de Pescanova "excede o seu pasivo"
O presidente da multinacional racha o seu silencio e nega o uso de información privilexiada á hora de vender accións. "Vendín todo o que tiña que vender para salvar a empresa", dixo quen se di "moralmente tranquilo". "Non teño medo á xustiza".
O PP 'pasa' de Feijóo e aproba a lei da cadea alimentaria sen prohibir vender leite a perdas
Os populares asumen o ditame de Competencia e obvian o compromiso asumido pola Xunta co sector en Galicia para fixar un prezo mínimo para o leite que evitase o abuso da industria e da distribución.
"O PP quere modificar o sistema educativo para dende el modificar o sistema social"
Luz López, secretaria xeral de CCOO-Ensino, presentou este mércores o Libro Verde da Educación elaborado polo sindicato, un elaborado diagnóstico da situación que recolle tamén as propostas alternativas á Lei Wert.
Sendeirismo urbano, aberto e colaborativo na Agra do Orzán
'Música en branco' lanza este sábado os itinerarios colaborativos polo populoso barrio da Coruña tras a presentación do seu novidoso proxecto.
A paralización do eólico multiplica os despidos e a fuxida de empresas de Galicia
Gamesa foi a última compañía en anunciar o despedimento de 80 traballadores, que se unen ao desmantelamento da multinacional Alstom no país e ao ERE de Acciona.