Telephones Rouges, Uxía, Terbutalina e Xoán Curiel, candidatos aos Premios da Música Independente
Son os nomeados na categoría de mellor álbum en lingua galega, nuns galardóns que teñen a John Talabot, Niños Mutantes, Hidrogenesse ou La Bien Querida como favoritos e a Xoel López candidato a dous galardóns. Os gañadores serán escollidos por votación popular dos internautas.
Ana Miranda pídelle a Feijoo que explique por que Galicia perde 3.500 millóns en fondos de cohesión
A eurodeputada do BNG cualifica de "irresponsable" que o presidente da Xunta adopte "un ton triunfalista" cando entre 2014 e 2020 "imos perder o 60% dos 5.600 millóns de euros que recibimos no período en vigor”. Sinala que non existe o ”fondo de transición” ao que alude Feijoo.
O PSdeG denuncia que a Xunta "confía na chuvia" a súa política contra os lumes forestais
Este luns reuniuse a Comisión de Seguimento dos Lumes, formada por ONGs, sindicatos agrarios e dirixentes socialistas. O PSdeG acusa o PP de renunciar á política de prevención e de querer trasladarlles responsabilidades nos incendios aos concellos
A Fiscalía ratifica en 4.400 millóns os danos do Prestige, 2.400 deles en Galicia
O informe pericial da USC advirte de que os números son "conservadores" e cifra as perdas no sector pesqueiro en 400 millóns e en 500 no sector turístico.
Estudos sinalan que o bebé non debe durmir cos seus pais na mesma cama
Unha investigación amosa que o risco de síndrome de morte súbita do lactante se multiplica por cinco cando o bebé dorme cos seus pais na mesma cama, aínda que non fumen nin beban alcol
As mocidades de CxG fan un chamamento "ao sector crítico das XSG" para a súa integración na MNG
A secretaria xeral da Mocidade Nacionalista Galega, Balbina Gándara, afirma que este mozos e mozas “perden o tempo”, pois considera “total e absolutamente imposible que o PSdG-PSOE asuma posicións galeguistas”
Arranca o Festival de Cans co 'Día dos Veciños'
Este mércores proxectarase tamén o documental Fraga e Fidel, sen embargo, de Manuel Fernández-Valdés, presentarase a revista oficial do festival, CanZine, e haberá un pase do filme Ciudadano Cans, sobre o nacemento do festival, con coloquio posterior co director do festival e os seus fundadores
Heredeiros da Crus reparten entradas para o concerto de presentación do seu novo álbum
Ao longo deste martes a banda repartirá de balde cinco entradas dobres que están agochadas nalgún lugar de Lugo, Ourense, Compostela, Vigo e A Coruña. Ordes acollerá este venres o concerto de presentación de Jard Rock con Fe.
A Mesa xa estuda accións xudiciais tras as multas ás autoestradas por rotular en galego
A Garda Civil impón 54 multas de 3.000 euros ás concesionarias por usar a palabra 'peaxe' e non 'peaje' nos viais galegos.
Lingua e soberanía, a debate
Carme Hermida, Eduardo Maragoto, Goretti Sanmartín e Henrique Monteagudo falarán este martes a partir das 20.30 na Nave de Vidán sobre a relación entre a soberanía e a normalización lingüística e as vantaxes e inconvenientes de que ambos os dous procesos se liguen.
O Racing loitará co Laudio por volver á Segunda B
O Celta B enfrontarase ao Cortes, o Compostela ao Ebro e o Fabril ao Cornellà nas eliminatorias de ascenso á categoría de bronce.
Unha folga comarcal en Ferrolterra exixirá "solucións" á grave crise da comarca
Os sindicatos únense na convocatoria dun paro xeral para o vindeiro 12 de xuño na comarca ante a "dramática" situación laboral pola que pasa Ferrol e as súas comarcas máis achegadas.