O Pedrón de Ouro recoñece a lonxeva traxectoria do grupo teatral Airiños
Premia o traballo do decano dos grupos teatrais afeccionados galegos, que cumpre 80 anos. O Pedrón de Honra recae na musicóloga Dorothé Schubarth.
Comezan os 'Debates na Praza' falando de "Lingua e Soberanía. Ideas para o galego nun país con decisión"
O Espazo Cultural da Nave de Vidán, en Compostela, acolle o vindeiro martes ás 20.30 un debate que reunirá Carme Hermida, Eduardo Maragoto, Goretti Sanmartín e Henrique Monteagudo. Nos vindeiros meses Praza Pública e A Nave de Vidán organizarán novos debates con este formato.
A Xunta deixa os medios en galego sen publicidade institucional neste 17 de maio
A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da "festa das nosas letras" en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego.
Yolanda Díaz demanda que NGB "poña ao servizo dos preferentistas" os beneficios obtidos no primeiro trimestre
A coordinadora nacional de EU e o voceiro da formación na Coruña, César Santiso, reuníronse con Ana Cedeira, portavoz da Plataforma de afectados da comarca. Díaz pediulle a Feijoo que negocie con FROB e ocs responsables do banco.
Festival do Norte: Música a pesar de todo
Esta fin de semana celébrase en Vilagarcía unha nova edición do principal festival galego de pop-rock. Malia as dificultades económicas foi quen de sacar adiante un cartaz de categoría: Triángulo de Amor Bizarro, Toy, The Primitives, Dorian, We Are Standard, La Habitación Roja, Xoel López, Chinarro...
A Asociación de Medios en Galego denuncia que a Xunta "dálles as costas aos medios que usan esta lingua"
A entidade presentouse en Compostela na véspera do Día das Letras. Formada por 11 medios, ten como obxectivo potenciar o uso do galego nos medios, traballar pola dignificación do xornalismo e procurar vías de financiamento. Tamén demanda unha nova Lei de Publicidade Institucional.
O SLG exixe a Feijóo que alegue a lei para impedir así vender leite por baixo de custos
"Se o presidente cala diante do ataque da CNC e se o PP non tenta modificar o texto da lei, estará desperdiciando a oportunidade histórica de solucionar un dos principais problemas dos labregos do país", di o sindicato.
Fernando Vázquez ou Suso de Toro chaman a manifestarse este 17M polo galego
Varios persoeiros asinan un manifesto no que deixan claro que hai "motivos dabondo" para se manifestar a prol da lingua propia este Día das Letras en Compostela.
Anticorrupción pide que se investigue a Sousa e que sexa imputado
Solicita tamén á Audiencia Nacional que admita a querela contra Alfonso Paz-Andrade, tamén por supostos delitos de falseamento de información das contas anuais e polo uso de información relevante.
2 de xuño. Unha manifestación para deter as agresións mineiras en todo o país
A plataforma ContraMINAcción presentou a mobilización que terá lugar en dúas semanas en Compostela co obxectivo de frear "a expansión da minaría salvaxe" e de denunciar a connivencia da Xunta. Corcoesto, Xinzo ou A Fonsagrada son só algúns dos espazos ameazados polos 520 proxectos activos.
Traballadores de Navantia queiman bonecos de Feijoo e Rey Varela
Ao redor de dúas mil persoas manifestáronse polas rúas de Ferrol nas proximidades da sede do PP e do Concello, moi protexido pola policía. Ao final da marcha plantáronlle lume a dous bonecos coas caretas do presidente da Xunta e do alcalde da cidade.
O PSdeG denuncia que a Xunta “aposta por unha carreira precaria para os investigadores galegos”
Méndez Romeu lamenta que o goberno galego "renuncie a establecer liñas estratéxicas para captar e manter aos mellores investigadores en Galicia".