"É unha bandeira galega con estrela unha ameaza para a seguridade?"
O veto aos símbolos nacionalistas de afeccionados deportivistas no estadio do Valladolid reaviva a polémica sobre unha prohibición que xa sufriron seareiros do Obradoiro e do Celta. O BNG pregunta ao Goberno central por esta "actitude prohibicionista incomprensible".
O macroxuízo pola demanda da Fiscalía sobre as preferentes será o 19 de setembro
O Ministerio Público chamará a declarar a 650 persoas, entre elas José Luis Méndez, Fernández Gayoso ou José María Castellano.
O PSdeG critica as “durísimas” restricións do PP ao Plan Ferrol
Beatriz Sestayo presentou unha batería de iniciativas para que a Xunta dinamice “dunha vez” este programa de axudas públicas. A retirada da esixencia de avais ou o urxente nomeamento do director ou directora do Plan Ferrol, entre as reclamacións da parlamentaria.
Os Ecosocialistas publican un 'decálogo' no segundo aniversario do 15M
A formación subliña que "o espírito do 15-M debe perdurar para construír un goberno do pobo, polo pobo e para o pobo" e anima a cidadanía a participar na mobilización global que terá lugar o vindeiro 1 de xuño contra a troika.
'Multiplica x100 a tua língua': dos 2,5 millóns de galegos aos 250 millóns de falantes
Agal e Pró-Academia acumulan apoios a unha campaña que defende a "multiplicaçom" como a "operaçom aritmética que melhor condiz com a nossa língua" e que defende o achegamento ao mundo lusófono.
A 'Moción Popular' contra as touradas na Coruña achégase ás 20 mil sinaturas
Os colectivos promotores instan o Goberno municipal a deixar debater e votar a iniciativa plenaria. Demándase que o Concello deixe de subvencionar as corridas de touros, ás que achegaron 90.000 euros o pasado ano. En Sarria vén de nacer a Plataforma Sarria Libre de Touradas.
Stop Desafiuzamentos Compostela convoca unha acción de denuncia pública contra os bancos
Será este mércores pola mañá na Praza de Galicia. Denuncian "as prácticas de desgaste" que Banco Santander-Banesto, Novagalicia Banco e Banco Popular-Pastor manteñen "nunha decena de casos de execucións hipotecarias".
Os impagos no comercio dispáranse máis do 213% en Galicia
É a autonomía onde máis crece, con moita diferenza, o importe dos efectos de comercio impagados no último ano, fronte á redución do 24,5% no Estado.
'De Volta para Loureda', Premio Vidal Bolaño
O xurado deste galardón, que dende hai unha década conceden as Redes Escarlata, acordou concederllo a este blog que reflexiona sobre a situación dos presos nacionalistas galegos e en especial sobre a de Carlos Calvo.
O Reperkusión péchase con éxito de público e críticas pola "falta de apoio do Concello"
O festival mantivo a afluencia nos concertos de noite e medrou o número de asistentes á programación de día. Manu Chao foi a estrela da segunda xornada. Galería de imaxes no interior.
Anima a Celta e Dépor axitando o móbil
A empresa coruñesa Appeiros crea unha unha app que recolle as veces que se axita o móbil mentres se ve un partido de Primeira ou mide a intensidade dos berros dos afeccionados.
O rugby galego celebrou o seu día grande
Centos de persoas participaron en Lugo nas actividades do 30 aniversario da Federación Galega de Rugby. A selección de Euskadi derrotou á galega por 23-31. Pero a selección feminina de seven impúxose con claridade á vasca: 22-0