Nace A Sega, plataforma de crítica literaria feminista
A Sega busca crear un espazo de referencia para a crítica, "ata o momento monopolizada por voces masculinas e en moitos casos patriarcais". Preséntase en Vigo este xoves e entre as primeiras segadoras están Andrea Nunes Briones, María Reimóndez, Marga Romero, Lara Rozados, Susana Sánchez Aríns e Beatriz Suárez Briones
'Viaxe a ningunha parte' e 'Tokio3' encabezan os nomeamentos para os María Casares
Os premios entregaranse na Coruña o 27 de marzo, coincidindo co Día Mundial do Teatro. Os finalistas déronse a coñecer este mércores en Bertamiráns.
Galicia, un país de vellos pero cos vellos que máis anos viven
É unha das rexións máis envellecidas de Europa, pero tamén das que maior esperanza de vida ten, segundo aclara a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, que advirte de que se "poden perder" moitos dos avances acadados neste ámbito por mor da crise e os recortes en I+D+i.
A cultura galega valora positivamente a xestión de Ferrín e pide unha RAG "máis activa" e "plural"
Destácase a "meirande presenza social" e a "modernización" da institución nestes tres últimos anos e o recurso presentado contra o decreto de plurilingüísmo. Á vez, demándase unha maior "transparencia" na rendición de contas, "pluralidade" no que atinxe á presenza das mulleres ou das tres universidades e manter a "firmeza" ante os ataques contra o galego.
O pobo "gaña a guerra" contra as minas na Terra Chá
A Xustiza bota atrás os polémicos proxectos para a extracción de seixo logo de rexeitar o último dos cinco recursos presentados pola empresa mineira. Os ditames xudiciais, unido ao veto da Xunta, paralizan as minas ás que os veciños levan anos opoñéndose.
A MNG prepara un acto con CiU e Amaiur para "colocar Galicia no mapa de reformulación territorial"
O 5 de marzo os deputados Carles Campuzano e Jon Iñarritu participarán en Compostela nunha ofrenda floral a Castelao e nun debate sobre a configuración dunha nova Europa, no que tamén intervirán Xoán Bascuas e Paulo Carlos López.
Pirates de Catalunya dálle acubillo a The Pirate Bay
Antes as presións recibidas polo Partido Pirata de Suecia, a plataforma pasa a aloxarse no ancho de banda que lle proporcionan os partidos pirata de Noruega e Catalunya.
Manu Chao actuará no Reperkusión o 11 de maio
Manu Chao estará no Festival Reperkusión 2013, que se celebrará na Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense) os días 10, 11 e 12 de maio.
Peche, paro e protestas contra os recortes na Universidade
A Coordinadora en Defensa da Universidade Pública maniféstase contra os axustes no inicio do debate parlamentario da Lei de Orzamentos que reduce os fondos das universidades e protestará de novo este martes. Un grupo de PAS, PDI e estudantes mantén un peche de 24 horas desde as 11 da mañá.
Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG
A renuncia formalizarase no próximo plenario, que se convocará en breve. Nunha carta afirma que algúns "académicos e persoas externas fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia".
Vigo retíralle a Gayoso a medalla da cidade
O PP apoia a iniciativa do BNG e o PSdeG-PSOE abstívose na votación culpando da caída de Caixanova á "fracasada fusión".
"As traxedias que viven as persoas están facendo que as resistencias á unidade cedan"
Dende o pasado mes de setembro funciona en Ferrolterra a Asemblea Popular do Movemento Social en apoio a AGE. Falamos con Lupe Ces, militante de múltiples movementos sociais na comarca dende os oitenta e unha das principais impulsoras desta asemblea.