O PSdeG alerta de que a reforma local do PP provocará a intervención polas deputacións de 293 dos 315 concellos
"Óptase pola privatización, a potenciación das estruturas máis obsoletas e anacrónicas da administración española, que son as deputacións", conclúe Méndez Romeu
O porvir da cultura – e a cultura do porvir -
Praza Pública
Os afectados polas preferentes protestan na Coruña a un mes do canxe por accións
O presidente executivo de Novagalicia Banco, José María Castellano, comunicou este venres que o canxe das preferentes por accións, cunha quita do 50%, se realizará a finais de marzo
O IGADI presenta o seu informe anual, que analiza "un mundo varado na crise"
O documento, que se pode descargar libremente, conta coa colaboración dunha ducia de expertos.
"O PP quere deliberadamente que o rural non sexa produtivo e que a xente marche"
David Fernández (Toén, 1979) leva tres meses no Parlamento e para ben ou para mal saltou ás portadas pola súa expulsión a pasada semana. Enxeñeiro de Montes e docente, a súa carreira investigadora viuse truncada coma a de moitos outros mozos galegos.
Un 23F contra o "golpe de estado financeiro"
Manifestacións en toda Galicia e no resto do Estado reavivarán o movemento de indignación nas rúas e pedirán transparencia e democracia participativa, unha auditoría cidadá da débeda, e a defensa dos servizos públicos. A denuncia da corrupción será protagonista nas marchas.
Un ano de Praza
Estamos celebrando as xuntanzas -do Padroado da Fundación e do Consello de Lectores e Lectoras- e actos públicos cos que celebramos o primeiro ano de Praza. Grazas a vós.
O PP de Oia ameaza con pasar ao grupo mixto se os populares non mudan a súa política sobre as preferentes
É o compromiso ao que o alcalde Alejandro Rodríguez chegou cun grupo de afectados que esta mañá irromperon no pleno municipal e que obrigaron a suspender a sesión. Enviaranlles senllas cartas a Núñez Feijoo e a De Guindos esixindo "unha solución global".
O Play-Doc volve atraer algúns dos mellores documentais do ano
A sección oficial contará con cinco filmes procedente de China, Bulgaria ou os Estados Unidos, ademais da galega Arraianos, tamén na competición internacional. As dúas últimas edicións premiaron Todos vós sodes capitáns e Vikingland, de Oliver Laxe e Xurxo Chirro.
Os afectados pola mina de feldespatos en Xinzo lémbranlle a Feijoo a "ilegalidade" do proxecto
A plataforma veciñal Corno do Monte envíalle ao presidente da Xunta unha carta aberta que denuncia a imposibilidade legal de levar adiante o proxecto mineiro e tamén a alta produtividade agro-gandeira destas terras.
A Liga Estudantil alerta de que os graos de Filoloxía Clásica e Lingua e Literatura Galegas están en risco na USC
A Xunta impón que cada grao debe manter un mínimo de 50 estudantes por curso e estes teñen menos de 30. O colectivo denuncia "un ataque dos gobernos do PP ás humanidades"
Un investigador da USC publica en Science un mapa mundial da profundidade das augas subterráneas
Gonzalo Miguez Macho, da Facultade de Física, é coautor do traballo xunto á profesora Ying Fan e o doutor Haibin Li da Universidade Rutgers (New Jersey, EEUU)