A AELG entrega os seus premios este sábado
A gala terá lugar no Centro Ágora da Coruña e tamén se entregará o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado a Lídia Jorge, e os Premios da Crítica Galega.
Un grupo de traballadores, contra os controis de acceso nas bibliotecas da USC
Opóñense ás novas medidas de seguridade, que inclúen tornos e cámaras de seguridade, aprobadas pola Biblioteca Concepción Arenal para regular os accesos.
O BNG empraza a Feijóo a un pacto "de país" por un "sistema aeroportuario galego"
Os nacionalistas reclaman que a Xunta convoque as forzas políticas e os concellos implicados para abandonar as "lideiras localistas" e o sistema "centralista" que "consome un volume de recursos enorme"
O final feliz (ou menos malo) para Aurelia Rey
A anciá coruñesa, cuxo desaloxo foi paralizado pola presión cidadá, atópase xa na súa nova vivenda de aluguer social. Supón a culminación dun conflito que mobilizou a cidadanía contra o que foi considerado "mobbing' inmobiliario".
"O Capital apoia a democracia só cando pode acadar un beneficio económico grande abondo"
O historiador belga Jacques Pauwels ofreceu hai unhas semanas unha conferencia en Compostela organizada pola Mocidade de Anova. Pauwels é unha das voces máis recoñecidas no estudo dos fascismos e da Segunda Guerra Mundial.
O STEG pide a retirada da LOMCE á vista do ditame emitido polo Consello de Estado
A unha semana da folga xeral no ensino, o sindicato considera que o informe "valida as críticas de que a LOMCE é unha proposta de partido, ideolóxica e non negociada nin consensuada"
Como pode Internet axudar os movementos sociais?
Manuel Casal Lodeiro lanza unha iniciativa de crowdfunding para redactar e publicar unha obra que lles achegue aos colectivos e entidades sociais as ferramentas e claves para utilizar a rede en beneficio dos obxectivos das súas asociacións.
PSdeG, BNG e EU, divididos ante a venda de Barreras a Pémex
Pachi Vázquez anunciou o "apoio total" dos socialistas pero dixo que non o crerá "até que o vexa". Pola súa banda, o BNG criticou a "perda de galeguidade" da empresa e Esquerda Unida afirma que pedirá no Congreso a "renacionalización" do estaleiro.
A crise e o desemprego alimentan as manifestacións do 1º de maio
A CIG celebrou o seu acto central en Vigo e CC.OO. e UGT na Coruña. En toda Galicia as marchas tiveron unha participación moi numerosa. Galería de imaxes no interior.
Armesto: "Optamos por centrarnos na defensa do talento e en protexer o dereito de acceso"
O claustro da UDC debateu e aprobou o informe de xestión do reitor Xosé Luís Armesto, que salientou a posición contraria da UDC á suba das taxas e o ataque á "autonomía" que supoñen as trabas do Goberno á contratación de docentes.
Choteo do super - activista
Praza Pública
Ramiro Ledo preestrea a súa 'VidaExtra' en Compostela
Será no Cineclube este mércores 1 de maio. No filme, que vén de ser estreado en Bos Aires a folga xeral de setembro de 2010 crúzase en Barcelona con A estética da resistencia, de Peter Weiss