A CIG chama a mobilizarse no 1º de maio "para tirar abaixo este goberno"
Celebrará en Vigo a manifestación central do 1º de maio e alerta de que "Galiza non está mellor que o resto do Estado". Cre que a esquerda debe seguir "acumulando forzas" para acadar un cambio de política en Compostela e en Madrid.
"A Xunta decide: A mina ou nós"
Centos de persoas volveron manifestarse este sábado Xinzo contra o proxecto de instalación dunha mina de feldespatos na comarca. Os representantes da plataforma veciñal Corno do Monte informaron dos resultados da xuntanza que mantiveron coa subdirectora xeral de Minas.
As Xuventudes Socialistas sitúan a Aitor Bouza como secretario xeral
Pachi Vázquez clausura o congreso das mocidades do seu partido cunha defensa do proceso de primarias aprobado polo Comité Nacional
Esquerda Unida aposta por AGE para as europeas e as municipais
Yolanda Díaz subliña que a súa f ormación xa "fixo o debate" e ten "claro" que pulará pola continuidade de Alternativa, un modelo que, segundo Cayo Lara, debera estenderse ao resto do Estado.
O BNG lanza unha campaña a prol dunha resposta "unitaria" ás "políticas crueis do PP"
Os nacionalistas apelan a "organizar" a "rebelión" entre "todos os que non nos resignamos a perder dereitos"
Rato xa non é fillo adoptivo de Viveiro
O pleno da localidade mariñá saca adiante unha moción do BNG para retirarlle o título adoptivo concedido polo PP ao ex ministro e ex presidente de Bankia por ser un dos "culpables da crise"
Xinzo maniféstase de novo contra a mina de feldespato
Será este sábado ás 12 do mediodía, organizada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte e conta co apoio da plataforma ContraMINAcción
As protestas cidadás paralizaron o pleno en Ferrol
Traballadores e traballadoras do naval e doutros sectores e empresas, afectadas polas preferentes e vítimas dos desafiuzamentos, e representantes da MMM entre outros, denunciaban a situación económica do concello e da comarca. O pleno foi suspendido e os concelleiros do PP abandonaron a sala.
AGE denuncia os cultivos enerxéticos de crecemento rápido
Antón Sánchez presentou unha proposición non de lei en Comisión parlamentar que insta á Xunta a rexeitar este modelo enerxético "ecoloxicamente insustentábel, que só favorecen as grandes empresas e que está a crear fame en todo o mundo" e que cualifica de "agresión a Galicia"
O PP tamén se apunta ao 'Harlem Shake'
O colectivo EZG realizou un vídeo de animación sobre o PP con clicks de playmobil. Os Feijoo, Cospedal, Bárcenas ou Baltar executan o coñecido baile que tantos vídeos virais xerou nas últimas semanas.
Heredeiros da Crus presentarán o seu novo disco, ‘Jard Rock con Fe’, o 24 de maio en Ordes
Ofrecerán un concerto na discoteca LP-45. As entradas custarán 25 euros co disco incluído e estarán á venda en internet desde este venres. Xa se pode escoitar o primeiro single, A Duquesa de Poi.
Balbina Gándara asumirá o liderado da MNG co reto de "reconectar coa mocidade"
O referente xuvenil de Compromiso por Galicia celebra esta fin de semana a súa primeira Asemblea Nacional ordinaria, na que Paulo Carlos López deixa a secretaría xeral