A Galipedia celebrará o 9 de marzo o seu décimo aniversario
A enciclopedia libre en galego achégase aos cen mil artigos e nun par de semanas celebrará os dez anos da súa primeira entrada cunha serie de conferencias e debates.
As artes escénicas piden a dimisión de Vázquez e Lorenzo polo "desmantelamento" da cultura
A Plataforma Galega das Artes Escénicas concentrouse ante a sede de AGADIC, no Gaiás, para pedir unha solución á paralización das redes de distribución, que ameaza o mantemento de centos de empregos. Acusan a Consellaría de buscar un "cambio de modelo" na cultura primando "as grandes infraestruturas e grandes fastos"
Adolescentes: eses seres anómalos?
Praza Pública
Pídenlle ao Fiscal Xeral de Galicia que abra dilixencias contra Reganosa
O Comité Cidadán da Ría de Ferrol reuniuse con Carlos Varela e demandoulle que investigue a presunta falsidade documental que os socios promotores da regasificadora achegaron para que lles fose concedida a Autorización Administrativa e outras actuacións do grupo Tojeiro que consideran fraudulentas.
A Audiencia Provincial desestima a anulación colectiva das preferentes que pedía o TSXG
A Fiscalía presentará agora como argumento un antecedente da xurisprudencia europea que establece que en casos de prácticas abusivas, como o das preferentes, o xuíz debe anular de oficio os contratos.
Enrique Negueruela abandona a Executiva do PSdeG en desacordo coa política de emprego do partido
O ex Secretario de Economía dos socialistas critica as emendas aos Orzamentos que a formación presentou neste eido e sinala que significan "un xiro de 180 graos" co defendido até agora e co anunciado no programa electoral.
Espazo Ecosocialista presenta 50 propostas para a 'radicalidade democrática'
A formación quere debater con outros partidos estas iniciativas, que van dende a supresión dos privilexios dos cargos electos ou a creación de mecanismos de revogación do mandato dos cargos electos até a supresión da monarquía ou as deputacións provinciais
A Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebra o seu primeiro aniversario
O vindeiro 2 de marzo a Euskal Etxea de Barcelona acollerá un vermú musical e máis un concerto de Davide Salvado
A cidadanía sae á rúa contra a mina de Corcoesto
Máis de 1.000 veciños das comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte maniféstanse en Coristanco contra o polémico proxecto mineiro a ceo aberto.
A 'marea branca' contra a privatización da sanidade chega a Galicia
Centos de persoas manifestáronse en Ourense, Pontevedra e Narón, uníndose ás marchas do resto do Estado. En Vigo, unha protesta advirte da merma de calidade asistencial de Povisa e a precarización das condicións laborais.
Novo Socialismo Galego ve a luz pedindo unha nova era no PSdeG e un congreso axiña
O foro liderado por Xaquín Fernández Leiceaga presenta o seu manifesto no que reclama "abrir o debate de ideas" e primarias abertas para elixir un novo líder. Vídeo no interior.
Galicia contará cun movemento global para loitar "contra a minería salvaxe"
As organizacións e colectivos reunidos no encontro galego sobre a minería celebrado en Teo acordan constituír unha plataforma de oposición conxunta aos numerosos proxectos que ameazan o país.