Rosalía é Mundial: "Farväl älvar, farväl källor"
A Fundación Rosalía e a Universidade de Vigo queren traducir os poemas de Cantares Gallegos a 50 linguas para celebrar os 150 anos da publicación desta obra.
O Consello Escolar de Galicia rexeita o decreto de comedores
O órgano acordou por 17 votos a favor, 13 en contra e unha abstención, a devolución ao goberno galego da norma. A maioría considera que atenta contra a igualdade de oportunidades, non cumpre a función compensatoria e penaliza a poboación do medio rural
ADEGA denuncia que a Xunta "teima en apoiar o sistema Pescanova" para a acuicultura galega
A asociación critica que o Plano Director de Acuicultura está "escandalosamente sesgada cara a acuicultura industrial en terra, esquecendo que o groso do sector e dos postos de traballo corresponden á acuicultura a flote, o marisqueo e aos cultivos mariños"
O BNG pide acelerar o relevo do Valedor tras tomar partido nas fotos de Feijóo e Dorado
Os nacionalistas reclaman reiniciar o proceso para nomear unha nova persoa titular da institución despois de que José Julio Fernández considerase que as imaxes do presidente da Xunta co narco carecen de "interese xornalístico"
'Galiza Mutante: Poder Nuclear!', un futuro postapocalíptico
A novela de Tomás González Ahola, editada conxuntamente entre Urco editora e Contos Estraños editora, presenta unha sociedade que rexorde moitos anos despois dun cataclismo en Cmph'sthulhu
"Escrache institucional" contra os deputados do PP que avalaron a quita
O BNG presenta mocións nos concellos galegos para declarar "persoas non gratas" aos parlamentarios populares que "avalaron o atraco sobre os aforros de milleiros de galegos".
Nacen os Premios Galegos da Música
Os galardóns, que se entregarán a finais de ano, están convocados polo colectivo Músicos ao Vivo e contan con 11 categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile.
PSdeG e BNG levan ao Parlamento o "machismo" do alcalde popular de Barreiros
Os socialistas forzarán o PP a posicionarse sobre as verbas de Alfonso Puente e o Bloque pide reprobar a súa actitude despois de que considerase nun pleno que "as feministas deixan de selo cando casan". O rexedor argumenta que as súas palabras son tiradas "de Internet".
Mónica García Prieto, Premio José Couso de xornalismo
Foi proposta en representación de todos os xornalistas que cobren o conflito sirio, co mérito engadido de que o fai sen a cobertura dun gran medio e sendo unha das poucas mulleres do xornalismo de guerra. O galardón entregarase o vindeiro 9 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.
Competencia xustifica que a Administración interveña ante os "abusos" no mercado lácteo
O Consello Galego advirte dos "desequilibrios e claras anomalías" dun mercado no que os gandeiros son vítimas da industria e pide nun informe medidas contra as "prácticas abusivas".
Chaman a marcar o cadro de 'Fins Sociais' na declaración da Renda
Un conxunto de organizacións non lucrativas galegas presentaron a Campaña X SOLIDARIO para concienciar as persoas contribuíntes sobre a necesidade de contribuír co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos
Declaran "República Independente" a Illa de Tambo
Un grupo de veciños e veciñas de Combarro denuncian o "estado de abandono do lugar" e a ausencia de planeamentos por parte do Concello de Poio e da Xunta "para outorgarlle o destino que se merece".