A familia de David Reboredo sinala o trato desigual dado ao seu fillo e aos Mossos indultados
A campaña en Change.org para pedir o seu indulto supera as 145 mil sinaturas. Hai un mes o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, comprometeuse en El Intermedio a revisar o caso.
AGE denuncia "vexacións" a afectados polas preferentes na entrada ao Parlamento
A formación considera "intolerábel" que os servizos de seguridade do Hórreo lle ordenasen a unha persoa que quitase unha camisola co lema “Preferentes solución”
A banda de música de Vilagarcía traduce unha obra do galego ao castelán "para que se entenda"
A formación pasou ao español o poema musicado Os Heroes do Orzán no concerto que ofreceu na vila arousá o pasado 30 de decembro "para adaptala ao tipo de público que asistía a un concerto destas características"
A mina de Corcoesto pon en perigo máis de mil explotacións agrogandeiras
O SLG alerta do "irreversible impacto" do proxecto mineiro sobre a principal actividade económica da zona, que dá traballo a 1.350 persoas, fronte aos 271 empregos temporais que creará a empresa canadense.
PP e PSOE únense na Coruña para evitar salpicar a Paco Vázquez co escándalo urbanístico
Néganse a apoiar unha proposta do BNG para emprender medidas xudiciais contra o ex alcalde polo caso 'Relámpago', malia que un informe municipal sinálao como responsable directo.
Morre José Posada, o primeiro en usar o galego no Parlamento europeo
O empresario oursensán foi eurodeputado por Coalición Galega en dúas ocasións nos anos noventa. Mantivo unha intensa actividade en moitas áreas e foi por exemplo un dos principais impulsores da Irmandade dos Vinhos Galegos.
Piden un carril bici Vigo-A Guarda "en condicións" coincidindo coa presentación de La Vuelta
Os cicloturistas levan meses denunciando que a actual vía está abandonada en moitos treitos o que é ocupada polos coches nalgunhas ocasións.
O estudantado galego volve saír á rúa contra a política educativa de Wert
Liga Estudantil e Comités acordan un calendario de mobilizacións que culminará cunha folga o vindeiro 6 de febreiro. Asinan un manifesto conxunto en defensa do ensino público e en contra do "modelo educativo reaccionario" do PP.
Unha gran manifestación pedirá o 2 de febreiro a devolución dos cartos das preferentes
As plataformas de afectados reuniranse este martes no Parlamento con PSdeG-PSOE, AGE e BNG e cos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG. Esperan acadar o apoio de concellos e deputacións para a marcha.
Aviso para a comunidade de Praza
Se ao longo de 2012 fixeches unha achega e non recibiches un correo noso estes días, para poder ter dereito ao 25% de dedución fiscal no IRPF debes enviarnos o teu nome completo e DNI antes do 17 de xaneiro
A plataforma de Corcoesto pídelles aos bancos que non financien a mina
Os colectivos veciñais opostos á explotación aurífera de Bergantiños achéganlles a Barclays e Credit Suisse un informe da Universidade de Vigo que sinala que a extracción de mineral podería non ser tan rendible como din a empresa e a Xunta
A coser diante de Inditex: "A vosa fortuna é a nosa miseria"
Preséntase na Coruña a Plataforma #BoikotInditex cunha acción de rúa para denunciar "o trato ao cadro de persoal" da multinacional téxtil, a " súa política de contratas" e o seu "modelo de consumo"