Clausurar os medos
Praza Pública
Porto xa soa a Primavera
O xoves comeza o Optimus Primavera Sound con Nick Cave, The Breeders, Deerhunter, Blur, Grizzly Bear ou My Bloody Valentine como estrelas. Milleiros de galegos e galegas volverán baixar até o Douro seguindo a música.
Escracho ao ILG no 'Dia da Toalha'
Ás habituais celebracións do Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR) incorporouse este ano un escracho ao ILG. Xogos, unha breve manifestación, concertos e o pregón de Teresa Moure completaron o programa.
Cans xa ten gañadores!
O Festival de Cans vén de anunciar os seus gañadores e gañadoras á falta de coñecer os premios do público ás mellores curtametraxes de ficción e de animación.
CxG propón un novo sistema electoral cun método proporcional puro e listas desbloqueadas
Rexeita a proposta do PP de redución do número de deputados por atentar "contra a pluralidade existente na sociedade galega” e a cambio ofrece alternativas para recortar en 16 millóns de euros os gastos do Parlamento mantendo os 75 representantes.
Seixo chama ao "fortalecemento" da CIG para "mudar a correlación de forzas desfavorable á clase traballadora"
Na primeira xornada do seu VI Congreso a CIG aprobou o seu informe de xestión por ampla marxe. O documento tivo 430 votos a favor, 5 en contra e 61 abstencións.
Unha masiva tractorada rexeita a mina de feldespatos en Xinzo
Uns 200 tractores responderon ao chamamento da Plataforma Veciñal Corno do Monte e denunciaron a actitude da Xunta e do alcalde da vila: "nos periódicos din unha cousa, pero a hora da verdade nos papeis din outra"
Os estafados polas preferentes aumentan a presión sobre os cargos do PP
Milleiros de persoas maniféstanse de novo ante a residencia de Núñez Feijoo e sinalan como culpables da súa situación os deputados populares que aprobaron a quita. Tamén chamaron a incrementar a accións contra os concelleiros conservadores en toda Galicia. Galería de imaxes e audio no interior.
A CIG aposta no seu congreso por reforzar a loita pola soberanía e o rexeitamento da UE
A central nacionalista avoga polo dereito a decidir, a saída do euro e a censura dunha UE que trouxo "nefastas consecuencias" para o país nos relatorios a debater nun congreso ao que se presentará unha única candidatura unitaria.
'Cara a Cara coa Vida', cinema que axuda
Este venres proxéctase en Ourense este documental producido por Alba Casas e coproducido por Aira Studio sobre a vida de Ana, unha nena de Valdoviño con problemas de saúde.
O SGEP denuncia que a Xunta actúa "á marxe da comunidade educativa" en temas de acoso escolar
Lembra que a Lei de Convivencia e Participación de 2011 foi fortemente rexeitada pola comunidade educativa e polo Consello Escolar de Galicia e cualifica o anuncio dun "protocolo contra acoso escolar e ciberacoso" de "mero exercicio de propaganda"
CCOO, CIG e UGT rexeitan o proxecto de Porto Cabral
As unións comarcais dos tres sindicatos consideran que Vigo xa está "saturada deste tipo de oferta comercial" e destacan que este tipo de megacentros só crean "emprego precario" e prexudican "o desenvolvemento do pequeno e mediano comercio"