O PSdeG cualifica de "placebo" a Lei de I+D da Xunta
Méndez Romeu sinala que o texto resulta “totalmente superfluo” mentres a Xunta "continúa reducindo o orzamento de I+D e deixa sen executar mais dunha cuarta parte do investimento previsto".
Cans celebrou os seus dez anos con récord de público: "Tocamos teito, agora toca diversificar"
Máis de 12.000 persoas pasaron por Cans nunha edición moi especial que segundo os seus responsables pecha unha primeira etapa. Mirando cara ao futuro, pénsase en novas propostas e en que o festival consolide a súa estrutura e "deixe pouso na aldea". Galería de imaxes no interior.
As boirenses Agoraphobia, premio do xurado do I Concurso SonRías Baixas
Esta banda, formada por cinco rapazas, compartirá cartel en agosto cos británicos The Toy Dolls, os italianos Talco, ou os madrileños Boikot ou Rulo e La Contrabanda.
Enarborar o Bosque: Arte contra a mina
Este sábado 1 de xuño a carballeira de Santa Mariña de Corcoesto acollerá a terceira edición desta iniciativa, unha romaría de artistas comprometéndose coa defensa do medioambiente e moi especialmente “Contra os proxectos de minería agresiva”.
Agrupación Teatral Furafollas abandona o Centro Galego de Barcelona por discrepancias coa dirección
A entidade denuncia que a nova Xunta Directiva do Centro "é incapaz de integrar as diferentes sensibilidades culturais de tódolos socios" e que "o CGB converteuse nun lugar ermo para proxectos culturais galegos"
Porriño acolle o Festival Free Sahara
Este encontro cinematográfico celébrase entre o 30 de maio e o 2 de xuño e busca informar e sensibilizar sobre o conflito do Sahara Occidental a través de proxeccións e conferencias.
O BNG tenta que o Parlamento investigue o afundimento de Pescanova
Os nacionalistas piden non desbotar a posibilidade dunha participación pública na multinacional pesqueira. O Concello de Vigo pide, por unanimidade, medidas para manter o "emprego" e a "galeguidade" na empresa.
Vigo: Guindastres
Niquelarte, o blog de Patrimonio de Praza Pública, fala hoxe de guindastres: símbolo, pasado, presente e futuro? da cidade de Vigo.
Supermans, Raios X, proteínas e becarios
Daniel Piso publica en Cianuro nas Mazás, o blog de ciencia de Praza Pública, reflexiona sobre a importancia de termos recursos humanos e materiais para a investigación. Ou se non, "teremos que seguir confiando e que os científicos galegos sexan Supermans"
Seixo é reelixido e demanda un “salario de inserción social”
O secretario xeral da CIG obtivo o 90% dos votos nun Congreso que escolleu unha executiva confederal con só dous cambios. O sindicato vai poñer en marcha unha campaña ao redor dunha batería de propostas dirixidas á Xunta en materia fiscal, financeira, industrial e contractual
Un mes para mobilizarse polo dereito ao aborto
O 16 de xuño terá lugar unha gran manifestación nacional en Compostela organizada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que será precedida de actos informativos e concentracións noutras cidades nas vindeiras semanas.
As protestas obrigan a convocar unha asemblea aberta a toda a parroquia para informar sobre Porto Cabral
A reunión dos comuneiros celebrada este domingo pola mañá tivo que ser suspendida ante as protestas cidadás, que denunciaban a falta de transparencia e pedian que se votase en urna. Un forte dispositivo policial provocou a detención de tres persoas polas protestas.