'Galiza Mutante: Poder Nuclear!', un futuro postapocalíptico
A novela de Tomás González Ahola, editada conxuntamente entre Urco editora e Contos Estraños editora, presenta unha sociedade que rexorde moitos anos despois dun cataclismo en Cmph'sthulhu
"Escrache institucional" contra os deputados do PP que avalaron a quita
O BNG presenta mocións nos concellos galegos para declarar "persoas non gratas" aos parlamentarios populares que "avalaron o atraco sobre os aforros de milleiros de galegos".
Nacen os Premios Galegos da Música
Os galardóns, que se entregarán a finais de ano, están convocados polo colectivo Músicos ao Vivo e contan con 11 categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile.
PSdeG e BNG levan ao Parlamento o "machismo" do alcalde popular de Barreiros
Os socialistas forzarán o PP a posicionarse sobre as verbas de Alfonso Puente e o Bloque pide reprobar a súa actitude despois de que considerase nun pleno que "as feministas deixan de selo cando casan". O rexedor argumenta que as súas palabras son tiradas "de Internet".
Mónica García Prieto, Premio José Couso de xornalismo
Foi proposta en representación de todos os xornalistas que cobren o conflito sirio, co mérito engadido de que o fai sen a cobertura dun gran medio e sendo unha das poucas mulleres do xornalismo de guerra. O galardón entregarase o vindeiro 9 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.
Competencia xustifica que a Administración interveña ante os "abusos" no mercado lácteo
O Consello Galego advirte dos "desequilibrios e claras anomalías" dun mercado no que os gandeiros son vítimas da industria e pide nun informe medidas contra as "prácticas abusivas".
Chaman a marcar o cadro de 'Fins Sociais' na declaración da Renda
Un conxunto de organizacións non lucrativas galegas presentaron a Campaña X SOLIDARIO para concienciar as persoas contribuíntes sobre a necesidade de contribuír co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos
Declaran "República Independente" a Illa de Tambo
Un grupo de veciños e veciñas de Combarro denuncian o "estado de abandono do lugar" e a ausencia de planeamentos por parte do Concello de Poio e da Xunta "para outorgarlle o destino que se merece".
Outra viaxe de Feijóo, outra "cortina de fume"?
A oposición cualifica a estadía do presidente no país azteca de "manobra para desviar a atención" e censura a ausencia, unha vez máis, de acordos concretos para o naval. "Regresará a Galicia sen un só compromiso asinado", denuncia o PSdeG.
A CIG tamén convoca folga no ensino o 9 de maio
CC.OO. e UGT anunciaron a pasada semana o seu apoio á convocatoria e esta tarde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público podería facer pública a súa adhesión. O sindicato denuncia a LOMCE como unha lei "neoliberal, españolista, confesional e que promove un ensino selectivo e segregador". Audio no interior.
Draghi dá un novo pau aos afectados polas preferentes
O BCE cre que o Fondo de Garantía de Depósitos non debe destinar diñeiro a darlle liquidez ás accións de Novagalicia Banco que recibirán os afectados logo da quita.
As voces que lle din "non" á mina de Corcoesto
Falamos con Manuel Rivas, Fins Eirexas (Adega), Nela Abella (Verdegaia), Margarida Prieto (SLG), Manuel Antelo, Xosé Manuel Beiras, Xavier Vence, Xoán Bascuas e Manuel Dios sobre o éxito da manifestación do domingo, e das accións que se deben poñer en marcha para frear a ameaza mineira en toda Galicia.