Abella Lupa, premio da rede Emprendeverde
Esta Sociedade Agraria de Transformación de Covelo ten un dobre obxectivo: a produción ecolóxica de mel e tamén a recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia.
Obama gaña e gobernará catro anos máis
O suspense acabou ás 5.15 da mañá (hora española). Dúas cadeas de televisión deron a vitoria en Ohio a Barack Obama e con ela, a reelección. A noticia continuou unha tendencia que parecía imparable ao longo da noite electoral. Romney non conseguía facerse con ningún dos estados que votaran a Obama en 2008.
O Tribunal Constitucional valida o matrimonio homosexual
Rexeita o recurso presentado polo PP hai sete anos con oito votos a favor e tres en contra. Máis de 22.000 vodas entre persoas do mesmo sexo celebráronse desde a súa aprobación.
Industria inxectou 450.000 euros nos medios antes do verán
A consellería que dirixe Javier Guerra pagou en xuño case medio millón para incluír noticias sobre a súa actividade en tres xornais
Denuncian un novo veto a bandeiras nacionalistas galegas en recintos deportivos
Un afeccionado do Obradoiro denuncia que a Policía o ameazou cunha multa de 3.000 euros se non agochaba o símbolo. Seguidores do Celta xa se queixaran de que lles foran requisadas bandeiras no Bernabéu, ao igual que a seareiros deportivistas en Pamplona hai anos.
Dez millóns en fianzas para os ex directivos de Novacaixagalicia
O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno aprecia que catro dirixentes das antigas caixas actuaron "no seu propio beneficio" coa "cooperación de Gayoso" e coida que existen "indicios racionais de criminalidade"
"Só dende o cinismo se poden cobrar 13 millóns e desprezar unhas páxinas que alimentan o sentir dun país"
Xornalistas, colaboradores e lectores apoiaron en Compostela a continuidade da edición galega de El Pais e o mantemento dos postos de traballo. Suso de Toro, Tony Lomba, Julián Hernández ou Uxía participaron nun acto que sinalou a importancia do xornal como "ferramenta que nos axude a construír Galicia".
'Alma da Artesanía' preséntase este venres nunha rolda de prensa en Twitter
Ao ser 'Alma de artesanía' un proxecto online, o equipo pensou que o mellor xeito de presentalo era tamén a través da rede.
"A ciencia fala, os políticos non escoitan"
Coalición Clima, Amigos da Terra, Verdegaia, Adega, SGHN, CC OO, SEO/BirdLife, Greenpeace e Ecologistas en Acción concentráronse este luns en Vigo na primeira xornada da reunión do Panel Intergobernamental de Cambio Climático. Reclamáronlles aos gobernos que escoiten as recomendación dos expertos que esixen unha redución das emisións contaminantes.
Beiras será voceiro parlamentario de AGE e Díaz, vicevoceira
Alternativa Galega de Esquerda celebra a súa primeira xuntanza para coordinar a acción da coalición no Parlamento
A CIG ve na Lei de Garantías Sanitarias un intento de privatización da Sanidade
Considera “unha desfeita” o anteproxecto de lei presentado polo PP e advirte de que o Sergas" será incapaz de cumprir os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas" e que dará maior participación á privada.
Carod, Maragall e Romeva chaman a conformar unha nova esquerda catalá
Os tres políticos reclaman que despois do 25N se inicie un proceso de construción dunha nova esquerda nacional que sexa alternativa de goberno e "decisiva" no debate soberanista.