Marisol Gándara gaña o Pérez Parallé de poesía
A autora, nacida en Francia e criada en Ordes, obtivo o premio nacional cun poemario dedicado a Eva Veiga "e, nela, a todas as mulleres que tiveron e teñen que medrar contra un modelo no que non acaban de encaixar de todo”.
Acusan a USC de "discriminación" por buscar o mantemento de só algunhas das prazas docentes suspendidas
Os afectados e afectadas pola suspensión da convocatoria da USC protestarán este venres ás 9:45 da mañá antes do Consello de Goberno da Universidade.
O Banco de España soubo das indemnizacións de NCG tarde e "con reticencias"
Os inspectores da entidade reguladora aseguran que coñeceron as indemnizacións dos ex directivos de Novacaixagalicia, pero tardaron cinco meses en ter o seu poder os contratos.
A Alianza Social anima a secundar a folga xeral porque "hai motivos dabondo"
A agrupación, que integra a case sesenta organizacións sindicais e sociais, aproba unha declaración de apoio ao paro do 14N para "rexeitar as politicas neoliberais que desmantelan o estado de benestar e provocan un empobrecemento masivo".
Cineuropa programa 150 filmes no mes dos cinéfilos en Compostela
As proxeccións inícianse este xoves e incluirán a estrea de Bela addormentada e as homenaxes a Pedro Costa e Najwa Nimri. Ofreceremos unha cobertura continua con crónicas e críticas no blog Cinema na Praza.
Cans busca asegurar a continuidade do 'agroglamour'
Ante a eliminación da axuda do Ministerio de Cultura o festival failles un chamamento ás empresas privadas para ofrecerlles visibilidade dunha maneira orixinal: patrocinio dos chimpibuses, dos jalpóns, da alfombra vermella...
A xustiza europea ve ilegais os desafiuzamentos en España por abusivos
A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE considera que a lei española pode ser incompatible coa europea ao non protexer os hipotecados das posibles cláusulas abusivas. De confirmarse o ditame nunha sentenza, crearíase xurisprudencia que podería frear os desaloxos.
Espazo Ecosocialista alerta de que Galicia está sufrir claros efectos do cambio climático
A formación ecoloxista presentou un informe que denuncia as elevadas emisións de gases contaminantes no noso país e advirte dos efectos prácticos que xa está tendo sobre a meteoroloxía galega. O documento propón nove medidas para frear a emisións nocivas.
O PSdeG pide contas polos "10.000 euros ao mes" dunha oficina da Xunta no Brasil
Os socialistas censuran o alto custe dunha oficina comercial xestionada pola Confederación de Empresarios de Galicia e financiada pola Xunta en São Paulo
Os sindicatos de NCG aplauden a fianza dos ex directivos pero piden "ir máis aló"
Esixen que se depuren responsabilidades políticas e denuncian que "cargos que estiveron nos consellos de administración das caixas pretendan seguir na actividade política".
Absolución para os ex edís de Ourense imputados no 'caso dos paneis'
O xuíz non atopa probas para condenar os antigos tenentes de alcalde do Concello ourensán Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata e catro persoas máis. Sobre eles pesaban acusacións de suborno, prevaricación e falsidade documental
Bruxelas non cre as previsións de España e pinta negro o seu futuro
A Comisión Europea prevé o incumprimento do déficit e unha caída do PIB do 1,4% para 2013, fronte ao 0,5% que estima o Goberno. Advirte de que o paro seguirá por riba do 26% o ano que vén e en 2014.