A Xunta seguirá subvencionando os centros de ensino que segregan por sexo
AGE pide no Parlamento que se suspendan progresivamente os concertos educativos con centros privados e que os cartos destinados a relixión se destinen a convocar ofertas públicas de emprego. Porén, Feijoo xa anticipa que "a consellería ten decidido non facer ningún tipo de diminución da liberdade dos pais".
Catro días para evitar que Aurelia perda a súa casa
O vindeiro luns 18 esta muller de 85 anos será desaloxada da súa vivenda situada no centro da Coruña por non pagar un mes de aluguer. Stop Desafiuzamentos mobílizase para evitar a expulsión e denuncia a mobbing inmobiliario dos propietarios da casa e a inacción do Concello. Vídeo no interior.
AGE pide a extensión do Parque Natural do Monte Aloia para protexer o Galiñeiro da minaría
Chelo Martínez afirma que os efectos dos proxectos mineiro "poden ser catastróficos e de consecuencias irreparables, ademais ter unha nula rendabilidade social ou económica para a zona, beneficiando só á empresa extractora".
A xuíza da 'Pokémon' detén un edil de Santiago e rexistra a casa de Conde Roa
A maxistrada Pilar de Lara inicia unha nova fase da operación por supostas adxudicacións irregulares que xa lle custou o cargo aos alcaldes de Ourense e Boqueixón. O novo operativo, denominado 'Manga', sáldase co prendemento do titular de Seguridade de Santiago, de Ángel Espadas, ex asesor do anterior rexedor compostelán, e de sete persoas máis en Galicia, Catalunya e Asturias.
O Comité Cidadán valora "positivamente" a visita dos europarlamentarios para analizar o problema de Reganosa
Representandes da entidade e das Confrarias acompañaron a delegacion no seu percorrido pola ría de Ferrol, desprazándose a ver, in situ, a instalación da planta de gas e a ensenada da Gándara
Pechado o acordo entre sindicatos e Novagalicia para o ERE
Os despidos rebáixanse a 1.850 e auméntanse as indemnizacións, que irán dos 15.000 aos 250.000 euros. CCOO, Cisca e UGT dan o si, mentres CIG, CGT e Asca se opoñen.
Un manifesto pídelle a Feijóo que "non leve o galego ao Tribunal Supremo"
Persoeiros do mundo académico e da cultura impulsan un manifesto para solicitarlle á Xunta que non recorra as sentenzas sobre o decreto e "non bote máis leña ao lume" nin "desprestixie" máis o idioma.
Os colectivos de xornalistas apoian as denuncias de "manipulación" na CRTVG
O Colexio de Xornalistas, as asociacións de xornalistas da Coruña, Santiago e Lugo e o Sindicato de Xornalistas apoian as iniciativas adoptadas polos traballadores dos medios públicos en defensa da súa independencia e da liberdade de información.
Unha trintena de directores de departamento da USC denuncian os recortes e a perda de autonomía
Esíxenlle ao equipo de Goberno, ao Consello de Goberno e ao Consello Social "que leven a cabo as accións oportunas en defensa da USC" fronte á diminución do financiamento prevista na Lei de Orzamentos da Xunta.
O naval protesta no Parlamento mentres no Congreso Montoro bota balóns fóra
Dous milleiros de traballadores dos centros de Navantia de Fene e Ferrol maniféstanse ás portas da cámara galega, rodeada pola policía. Mentres, no Congreso o ministro Montoro afirma que a construción do dique flotante "non está descartada" e que o naval da Ría de Ferrol "conta con carga de traballo"
O twitter en galego topa co Vaticano?
Twitter publica o anuncio da inminente posta en marcha do servizo na nosa lingua e horas despois suprime a anotación e substitúea pola nova de que comezará o proceso para contar cunha versión en latín. Os promotores da iniciativa lembran que só a participación dos usuarios e usuarias pode acelerar o proceso.
Artigo a artigo normalízase a lingua
O Concello de Carballo organiza a novena edición do premio a artigos xornalísticos normalizadores, no que Praza é medio colaborador. O premio é de 1000 euros e o prazo para remitir os textos remata o 11 de abril.