Agustín Fernández Paz, Carmen Nogueira ou Xosé Manuel Olveira “Pico”, Premios da Crítica
Patricia Fra, Asociación Galega de Compositores ou O sorriso de Daniel son outros dos premiados nunha gala que se celebrou este sábado en Vigo baixo o lema Galicia como tarefa.
Besteiro pide primarias para elixir o secretario xeral do PSdeG
O secretario provincial do PSdeG de Lugo e presidente da Deputación aposta por esta fórmula para evitar bicefalias entre un secretario xeral escollido polos militantes e un candidato votado en primarias.
O BNG chama a manifestarse este luns contra os ataques israelís a Gaza
Haberá concentracións en todas as cidades galegas en solidariedade co pobo palestino. O Bloque, que celebrou reunión do seu Consello Nacional, afirma que combatirá a "reespañolización" que promove Feijoo.
Miranda vs. Piñera en defensa do pobo Mapuche
A eurodeputada do BNG interpelou o presidente chileno na súa visita ao Parlamento europeo sobre o trato que o seu goberno dá a esta comunidade e outros asuntos coma a lei de pesca artesanal ou a liberdade de expresión. O vídeo supera as 100.000 visitas en pouco máis dun día e convértese en trending topic en Chile.
Taxas, avogados, cidadanía
Praza PúblicaAnova denuncia que o PP lle creou unha dedicación exclusiva ao alcalde de Nogueira tras a súa prexubilación
A formación nacionalista salienta o incremento do gasto no salario do rexedor mentres o novo centro de día e residencia de anciáns do concello segue paralizado.
Os alcaldes de CxG consideran insuficientes as medidas do Goberno contra os desafiuzamentos
Os rexedores de Maceda e Vilar de Santos garanten que ningún veciño quedará na rúa polo impago da vivenda
O BNG pide a dimisión de Orozco pola súa imputación no caso Pokemon
O voceiro do BNG no Concello e tenente alcalde, Antón Bao, anuncia que o Bloque decidirá nos vindeiros días se sae ou permanece no Goberno. Audio no interior.
O Concello de Boiro impide unha 'performance' sobre o Prestige dun grupo de estudantes
A actividade dun grupo de mozos e mozas do IES A Cachada -O Club Do Antifás- ía formar parte da Noite Aberta Boiro, organizada polo Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios. Segundo os estudantes o Concello comunicoulles que non a consideraba "axeitada".
Calquera pode ser máis xeneroso que Amancio Ortega
Lanzan unha web que permite calcular a contía e realizar rapidamente unha doazón superior á efectuada polo propietario de Inditex hai unhas semanas. Ortega entregoulle a Cáritas 20 millóns de euros, o 0,05% do seu patrimonio. Se tes 50 mil euros, terías que ceder 25,01 € e xa serías un céntimo máis xeneroso.
O BNG rexeita a violencia machista "soterrando o patriarcado"
O Bloque conmemorará o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun acto simbólico no que subliñará as vítimas de maltrato como "heroínas"
Onde e como se tratan os refugallos do Prestige?
Adega denuncia que os restos da marea negra son "un asunto escuro aínda sen resolver" e advirte de que a Administración podería "estar incorrendo en ilegalidades" ao telos almacenados e sen tratamento.